viernes, 13 de septiembre de 2024
O próximo luns comeza o horario de inverno
miércoles, 24 de julio de 2024
DOG: Festas laborais da Comunidade Autónoma de Galicia para 2025
Estas festas laborais son de ámbito estatal, de carácter retribuído e non recuperable. Respecto dalgunhas destas festas de ámbito estatal as comunidades autónomas teñen facultades de opción e tamén poderán substituír, cando haxa festas estatais que coincidan con domingo, incorporando outras da comunidade autónoma que lles sexan tradicionais.
Festas laborais da Comunidade Autónoma de Galicia para 2025
De non se producir modificacións no calendario laboral de carácter estatal, as festas laborais no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025 serán as seguintes:
1 de xaneiro |
Aninovo |
6 de xaneiro |
Epifanía do Señor (Día de Reis) |
17 de abril |
Xoves Santo |
18 de abril |
Venres Santo |
1 de maio |
Festa do Traballo |
17 de maio |
Día das Letras Galegas |
25 de xullo |
Día Nacional de Galicia |
15 de agosto |
Asunción da Virxe |
1 de novembro |
Todos os Santos |
6 de decembro |
Día da Constitución Española |
8 de decembro |
Inmaculada Concepción |
25 de decembro |
Natividade do Señor |
As festas mencionadas terán carácter obrigatorio e non recuperable.
Festas locais:
Tamén serán inhábiles para o traballo, retribuídas e non recuperables, dúas festas locais, propostas polo órgano municipal competente dos respectivos concellos, cuxa publicación no boletín oficial de cada unha das provincias da comunidade autónoma. As ditas festas locais publicaranse, así mesmo, no Diario Oficial de Galicia.
viernes, 14 de junio de 2024
Horario de verán do 2024: dende o 16 de xuño ao 15 de setembro
Dende o 16 de xuño entra en vigor o horario de verán que se extende ata o 15 de setembro, ambos incluidos
lunes, 8 de abril de 2024
STAJ esixe a actualización de Kronos de forma inmediata
Dende que entrou en vigor a Resolución que regula a xornada de traballo hai máis dun mes, e de forma inexplicable, a Dirección Xeral segue sen actualizar o KRONOS para que compute a fichaxe entre as 18:30 e as 20:00 horas obrigando ao persoal a facer partes de indicencia por cada día que traballen máis alá das 18:30 horas.
Dende STAJ esiximos a actualización inmediata da aplicación KRONOS para que se compute o horario conforme á lexislación vixente, e acabamos de presentar un escrito á Dirección Xeral para que poña solución a este problema sen máis demora.
jueves, 29 de febrero de 2024
Publicado no DOG o horario e calendario laboral para 2024
3. No referente á compensación horaria engádese o seguinte apartado: No caso dos xulgados exclusivos de violencia sobre a muller, previa certificación do letrado/a acreditando que se debe a actuacións urxentes, computarase cada hora traballada entre as 15:00 e as 22.00 horas de luns a venres, como dúas horas efectivas, ou a parte proporcional correspondente.
a) Ter fillos ou fillas ou persoas acollidas menores de
idade. No suposto de que o cumprimento da maioría de idade se produza antes da
finalización do curso escolar, a persoa interesada poderá solicitar a súa
prórroga con motivación da súa petición.
b) Convivir con familiares que, por enfermidade ou avanzada
idade, necesiten asistencia.
c) Ser vítimas de violencia de xénero ou de violencia
sexual.
d) Atoparse en proceso de nulidade, separación ou divorcio,
desde a interposición da demanda xudicial ou dende a solicitude de medidas
provisionais previas ata transcorridos tres meses dende a dita demanda ou
solicitude.
a) Familias monopartentais.
miércoles, 28 de febrero de 2024
Calendario laboral 2024
jueves, 8 de febrero de 2024
SEMANAS GRANDES DO ENTROIDO 2024
martes, 30 de enero de 2024
NORMATIVA SOBRE XORNADA E HORARIO: NOVIDADES
Despois de varios borradores xa temos o texto definitivo polo que se vai a regular os horarios e o calendario laboral das oficinas da Administración de Xustiza en Galicia para o ano 2024, texto que recolle moi poucas melloras das propostas por este sindicato, e aínda que a Adminsitración, de entrada, se mostrou favorable a moitos delas, durante o proceso de negaciación rexeitounas .
A falla do informe favorable do Consello Xeral do
Poder Xudicial e a posterior publicación no DOG, as NOVIDADES que encontramos
son:
Parte flexible do horario de INVERNO: distribuirase, á elección do/a empregado/a público, ata alcanzar o tempo de traballo mensual previsto no anexo desta resolución e poderase cumprir, de luns a venres, entre as 7.30 e as 9.00 horas e entre as 14.00 e as 20.00 horas.
Compensaciones horarias.:”No caso dos xulgados exclusivos de violencia sobre a muller, previa certificación do letrado/a acreditando que se debe a actuacións urxentes, computarase cada hora traballada entre as 15:00 e as 22.00 horas de luns a venres, como dúas horas efectivas, ou a parte proporcional correspondente”.
Vacacións: As vacacións gozaranse en períodos
mínimos de cinco días hábiles consecutivos, dentro do ano natural e ata o 31 de
xaneiro do ano seguinte.
Sen prexuízo do anterior, e sempre que as
necesidades do servizo o permitan, sete dos días de vacacións poderán gozarse
de xeito independente.
Estes sete días poderán acumularse, sempre que as necesidades do servizo o permitan, aos días de asuntos particulares.
Flexibilización do horario fixo da xornada
diaria.:
-Ter fillos ou fillas ou persoas acollidas menores
de idade.
-No suposto de que o cumprimento da maioría de
idade se produza antes da finalización do curso escolar, a persoa interesada poderá
solicitar a súa prórroga con motivación da súa petición.
-A persoa empregada pública manterá a flexibilidade horaria por conciliación familiar aínda que cambie de posto de traballo, sempre que o permitan as necesidades do servizo do novo posto.
Adaptación progresiva da xornada de traballo
ordinaria: O persoal funcionario que se reincorpore ao servizo efectivo á
finalización dun tratamento de radioterapia, quimioterapia ou outros
tratamentos de especial gravidade poderá reducir nos trinta días seguintes a
súa xornada nunca porcentaxe do 50% da duración da xornada diaria,
preferentemente na parte flexible, que considerará como tempo de traballo
efectivo, e poderá ampliarse noutros trinta días, logo de valoración polo
órgano competente. A solicitude irá acompañada da documentación que achegue a
persoa interesada para acreditar a existencia desta situación, e a
Administración deberá resolver ao respecto nun prazo de tres días, sen prexuízo
de que para comprobar a procedencia desta adaptación a Administración poida
reclamar informes do Servizo de Prevención de Riscos Laborais, ou de calquera
outro órgano que considere oportuno, sobre o tratamento recibido ou as
actividades de rehabilitación que lle foron prescritas.
jueves, 18 de enero de 2024
Mesa Sectorial coa DXX celebrada onte
No día de onte tivo lugar a mesa Sectorial de Xustiza deixamos as propostas realizadas por STAJ (Propostas
de STAJ para a mesa sectorial coa DXX: traxectoria e calendario laboral
2024)
Con respecto aos puntos da orde do día facemos un resumo do que deu de sí a reunión coa Direccón Xeral de Xustiza.
TRAXECTORIA PROFESIONAL
No referente a traxectoria profesional a DXX ten intención de valorar, é a inclusión do
curso de iniciación e perfeccionamento do galego (CELGA) como mérito a valorar
na solicitude do grao II da traxectoria (tal e como se fai no grao I) que na convocatoria pasada non o valoraron como mérito.
Tamén valoran a posibilidade de que os requisitos sexan
para os 4 corpos a data de 31.3.2024 en non a 31.12.2023 (auxilios e
tramitadores), 31.12.2024 (xestores e médicos forenses). Os efectos económicos
serían tamén desde esa nova data.
En todo o demais, remiten o firmado no ano 2022 e no
acordo que teñen recollido para os funcionarios da Xunta e polo tanto non asumen, polo menos de entrada, as nosas propostas. Isto afecta especialmente aos compañeiros que obtiveron o
grao I no ano 2022 e que agora no ano 2024 cumpran os requisitos para obter o
grao II, co borrador remitido quedan excluídos deste proceso extraordinario.
Afecta tamén nos porcentaxes a cobrar cada ano (será 33%- 66%- 100%) e que non
se poderá solicitar a traxectoria a medida que se vaian cumprindo os
requisitos.
CALENDARIO LABORAL
No referente o calendario laboral. A DXX maniféstanos o
seguinte:
Dará traslado aos sindicatos das xornadas extraordinarias
(prolongacións) que se acorden de maneira mensual, así como dos reforzos.
Ampliar o horario flexible ata as 20:00 H, no inverno
e valora ata as 18:30 no verán. Non o amplía ata 7:00 H, por falta de
persoal de vixilancia nesa franxa.
Para a data que vai desde o 24 de decembro ata o 7 de xaneiro (ambos
incluídos) STAJ pediu que a xornada sexa tamén reducida como no verán. A DXX di que non é
posible xa que desta forma non cumpriríamos o número de horas a traballar exixidas
por lei en cómputo anual ( 1642). Polo tanto rexéitana
Móstranse en desacordo con que as vacacións e días de asuntos se poidan desfrutar
máis aló do 31 de xaneiro do ano seguinte de xeito xeral.
No referente ás actuación urxentes e inaprazables, están abertos a valorar como compensar as horas de máis que se fan desde que remata a xornada laboral e ata as 17:00 h.. Pedindo a este sindicato que lle desenrole por escrito a nosa proposta, cousa que faremos en breve.
No referente ao goce obrigatorio da metade das vacacións entre o 1 xuño ao 30 de
setembro, a que SATJ se opuxo, indican que o manterán.
Non teñen intención de que se poidan xuntar tódalas
vacacións aos asuntos particulares como lle pedimos, de tal forma que so se poderán xuntar os
asuntos particulares cos 7 días soltos de vacacións.
Por outro lado, valora que para a denegación das
vacación, teña que ser por escrito.
A DXX rexeita que os dias de asuntos particulares se poidan coller por dias e tamén por horas, como lle propuxo STAJ, mediante a creación dunha bolsa de horas.
No referente a flexibilidade laboral, a proposta de STAJ
de que a nosa regulación achéguese ou equipárese a que teñen os funcionarios da
Xunta (ORDE
do 29 de decembro de 2023) a DXX indica que o valorará, de tal forma que
agora para a convivencia non será necesario o empadroamento, se non, un
certificado de convivencia, e que no caso de persoa dependente chegará coa
resolución xudicial e os informes médicos que así o determinen. Valoran
positivamente as nosas peticións e pídennos que as remitamos por escrito
ampliado.
No relativo a adaptación progresiva da xornada de
traballo, a DXX para o persoal funcionario que se reincorpore ao servicio
efectivo á finalización dun tratamento, valorarán ampliar a máis supostos que
os de radioterapia e quimioterapia.
A pesar de que a normativa sinala que debemos traballar
trinta e sete horas e media no inverno, e trinta e dúas horas e media no
verano, a DXX manifesta que seguiremos facendo sete horas diarias no inverno, e
seis horas e media no verano.
Para o caso de gardas de dispoñibilidade, se compense con
días libres os exceso de horario, que
se regule a libranza dos SCNE cando saen a realizar dilixencias pola
tarde-noite ou nos fins de semana e repeto dos Servizos de Rexistro e Reparto de cidades e pobos
con Decanato que se acorden prolongacións de xornada, á DXX toma nota, sen pronunciarse na reunión.
BORRADOR DE
BOLSAS DE INTERINOS DE MEDICINA FORENSE
Por parte de STAJ
ao ser unha resolución moi específica fixo as seguintes alegacións que a DXX terá
que valorar:
Formación Académica: a) “especialidade en medicina legal e forense: 10
puntos”. STAJ solicita que se inclúa con esta puntuación aos
forenses que non poden acceder ao título de especialista ata que conclúa a
formación por residencia a primeira promoción de estes especialistas (que será
no ano 2027).
STAJ insiste na eliminación de medicina familiar e
comunitaria neste apartado coas seguintes xustificacións:
-
E
incomprensible que se valoren con 8 puntos a medicina familiar e pediatría se
valore con 2 e xinecoloxía, por exemplo, que non se valore con 8 puntos cando
hai unha clara relación de cooperación coa medicina forense nas agresións
sexuais.
- SOLICITAMOS que se elimine da valoración con 8 puntos medicina de familia e pase a valorarse con 2 puntos en “outras especialidades” e se inclúa xinecoloxía na valoración con 8 puntos.
MODIFICACÓN RPTS FISCALIAS
Pretenden eliminar as prazas de funcionarios das Seccións Territoriais de Verín e Cambados, creandose as mesmas prazas nas Fiscalías de Ourense e Pontevedra
PROPOSTA DE CREACIÓN DE PRAZAS PARA O ANO 2024.
Falouse de que se van a crear 15 novas prazas de funcionarios nos tres corpos, dos cales 7 van para o xulgado de primeira instancia nº 16 de A Coruña, e a DXX traslada as organizacións sindicais para que propoñamos onde sexan necesarias as 8 prazas restantes (1 Xestión, 6 Tramitación e 1 Auxilio)
ROGOS E PREGUNTAS
A vista do preguntado, a DXX manifesta que:
Seguen a espera do informe sobre os xulgados violencia de xénero e a súa problemática que se tratou na comisión mixta TSXG-XUNTA.
Unha vez aprobado o calendario laboral, teremos reunión
para actualizar a ORDE de vacacións, permisos e licencias.
Das gardas de 24 horas para os xulgados de instrución das
cidades de Vigo e A Coruña, non esperan a súa implantación.
Para a cidade da Xustiza de Vigo, procedeuse a
adxudicación das máquinas de vending, pero non hai prazo inda para
poñelas.
No referente a corrección do terceiro exame do turno libre de xestión, Galicia xa finalizou e está o que se lles remita polo tribunal cualificador único.
miércoles, 17 de enero de 2024
Propostas de STAJ para a mesa sectorial de hoxe coa DXX: traxectoria e calendario laboral 2024
1. Incluír
ao persoal que ten recoñecido o grao I no ano 2022 e cumpre os requisitos de 11 anos de servizos e teñen horas suficientes en cursos de formación ou cumpren cos outros criterios de avaliación. Evitando que se presenten,
non se busca que se acade progresivamente os requisitos de antigüidade e
formación coma o resto de compañeiros, porque xa cumpran estes requisitos, se
non que tratan de gañar tempo.
2. O
persoal interino que cumpriu os 5 anos ou 11 anos e teña a formación requirida
a data 31.12.2023 ou 31.12.2024 débeselle recoñecer o grao aínda que non estean
traballando nese momento se están na bolsa de traballo ou reserva como “dispoñibles”.
3. O
méritos e demais condicións para o acceso deben estar referenciados a ultimo
dia do prazo de solicitude, para que poidan acceder funcionarios que doutro
xeito quedarían fora por días ou semanas.
4. A
posibilidade de solicitar o acceso debe ser aberta no tempo e permanente, para
que cada un o poida solicitar cando cumpra os requisitos e condicións, sen necesidade
de esperara a un prazo concreto e tan curto.
5. O
prazo de solicitudes nesta ocasión NON debe abrirse antes da finalización do
prazo de toma de posesión do persoal que se ven a Galicia no concurso de traslado, tampouco antes de que tomen posesión en Galicia os aprobados de
tramitación e xestión que aprobaron polo turno libre e están pendentes de ser
nomeados funcionarios de carreira e empezar a traballar na nosa CCAA. Non facer
isto deixaría fora desta convocatoria aos que cumpran coa antigüidade e cos
criterios de avaliación, creándose unha discriminación e un prexuízo
irreparable se non se volvesen a convocar accesos extraordinarios ao grao I.
6. A distribución da cantidade que corresponde por cada grao debe distribuírse do seguinte xeito nos tres anos nos que se consolidan os efectos económicos 60%- 20%- 20 %, tal como esta nestes momentos para aos que accederon no ano 2022.
Consulta aquí o borrador da traxectoria profesional para os graos I e II
Alegacións de STAJ ao borrador de calendario laboral 2024
- Os funcionarios/as que traballan nas oficinas de reparto teñen o seu horario obrigatorio ata as 15.00 horas pola presentación de escritos e demandas ou se lle da unha compensación económica mediante unha prolongación de xornada como teñen os partidos xudiciais dun e dous xulgados, se non se lle den días libres mediante unha bolsa de horas polo horario que fan de mais e pola imposibilidade de saír cando poden saír o resto de funcionarios, cousa que se agudiza durante o horario de verán e na semana de horario reducido. No caso de rexistro e reparto de cidades e pobos con decanato: que se acorden prolongacións de xornada rotatoria e voluntaria.
- Que no que vai desde o 24 de decembro
ata o 7 de xaneiro (ambos incluídos) a xornada sexa como no verán.
- Que se recoñezan as horas por actuación urxente e inaprazable que se realizan
unha vez finalizada as 7 horas da xornada diaria e ata as 17:00 horas. De tal
forma que se non se poden compensar no mes seguinte, se lle computen en días de
libranza.
Para os casos dos xulgados de Violencia sobre a muller, instrución (fora da garda) e mixtos (fora da garda), debido o reiterativo e continuo de actuación urxente e inaprazable, esas horas de máis, se lles paguen como horas extra ou se lles compense como días libres mediante bolsa de horas.
- Que as vacacións poidan desfrutarse excepcionalmente ata o 31 de marzo.
Opoñémonos a que a metade das vacacións deban de gozarse
preferentemente entre o 1 de xuño ao 30 de setembro.
Que se permitan xuntar todas as vacacións e asuntos
particulares.
- Que os días de asuntos particulares, ordinarios e por antigüidade, se poidan desfrutar por horas ao igual que na Comunidade Autónoma de Cataluña. Este desfrute poderá ser ou por horas ou por días a elección do funcionario.
No caso de incapacidade
temporal, se poida tamén desfrutar os días de asuntos particulares (moscosos e
canosos) ata 18 meses dende último día do ano que se xeraron, como sucede coas
vacacións.
Que se incorpore un día
adicional de asuntos persoais por cada festividade laborais de ámbito nacional
de carácter retribuído, non recuperable e non substituíble pola comunidade
autónoma, cando coincida en sábado ou domingo no dito ano. Cando nunha
localidade coincida o festivo local en sábado, domingo ou festivo nacional ou
autonómico se lle dea un día máis por cada un deses días.
- Débese
seguir a estela do acordado pola Xunta para os seus funcionarios, no sentido
de: que haxa máis de unha ou dúas horas para flexibilizar, e que se diferencie
entre convivir coa persoa e estar a cargo dela (no caso de xente maior
dependente, non sería necesario residir no mesmo domicilio)
- A
maiores do exposto, entendemos que se debe regular neste calendario laboral o seguinte:
· Que no caso de gardas de dispoñibilidade, se compense con días libres os exceso de horario, mediante bolsa de horas, hai partidos xudiciais como Vilagarcía, onde as gardas, case a diario, os obrigan a saír máis tarde do normal e onde case tódolos fins de semana deben acudir a realizar nas oficinas xudiciais funcións xeradas por mor da garda, cobrando 145 euros a semana e moitas veces non poden ou non se lle permite compensar ese horario.
jueves, 14 de diciembre de 2023
Ampliación do goce de vacacións e permisos por asuntos particulares ata o 29 de febreiro de 2024
Días de libranza gardas 24 e 31 de decembro de 2023
viernes, 3 de noviembre de 2023
Festivos Locais de Galicia para o ano 2024
jueves, 14 de septiembre de 2023
Próximo luns comeza o horario de inverno
lunes, 17 de julio de 2023
Calendario laboral 2024 Galicia
Se publica en el
DOG el DECRETO 112/2023, de 29 de junio, por el que se determinan las
fiestas de la Comunidad Autónoma de Galicia del calendario laboral para el año
2024.
De
no producirse modificaciones en el calendario laboral de carácter estatal, las
fiestas laborales en el territorio de la Comunidad Autónoma de Galicia para el
año 2024 serán las siguientes:
También
serán inhábiles para el trabajo, retribuidas y no recuperables, dos fiestas
locales, propuestas por el órgano municipal competente de los respectivos
ayuntamientos, cuya publicación en el boletín oficial de cada una de las provincias
de la comunidad autónoma será determinada por la persona titular de la jefatura
territorial de la Consellería de Promoción del Empleo e Igualdad. Dichas
fiestas locales se publicarán, asimismo, en el Diario Oficial de
Galicia.