jueves, 18 de enero de 2024

Mesa Sectorial coa DXX celebrada onte

No día de onte tivo lugar a mesa Sectorial de Xustiza deixamos as propostas realizadas por STAJ  (Propostas de STAJ para a mesa sectorial coa DXX: traxectoria e calendario laboral 2024)

Con respecto aos puntos da orde do día  facemos un resumo do que deu de sí a reunión coa Direccón Xeral de Xustiza.

 TRAXECTORIA PROFESIONAL

No referente a traxectoria profesional a DXX ten intención de valorar, é a inclusión do curso de iniciación e perfeccionamento do galego (CELGA) como mérito a valorar na solicitude do grao II da traxectoria (tal e como se fai no grao I) que na convocatoria pasada non o valoraron como mérito.

Tamén valoran a posibilidade de que os requisitos sexan para os 4 corpos a data de 31.3.2024 en non a 31.12.2023 (auxilios e tramitadores), 31.12.2024 (xestores e médicos forenses). Os efectos económicos serían tamén desde esa nova data.

En todo o demais, remiten o firmado no ano 2022 e no acordo que teñen recollido para os funcionarios da Xunta e polo tanto non asumen, polo menos de entrada, as nosas propostas. Isto afecta especialmente aos compañeiros que obtiveron o grao I no ano 2022 e que agora no ano 2024 cumpran os requisitos para obter o grao II, co borrador remitido quedan excluídos deste proceso extraordinario. Afecta tamén nos porcentaxes a cobrar cada ano (será 33%- 66%- 100%) e que non se poderá solicitar a traxectoria a medida que se vaian cumprindo os requisitos.

CALENDARIO LABORAL

No referente o calendario laboral. A DXX maniféstanos o seguinte:

Dará traslado aos sindicatos das xornadas extraordinarias (prolongacións) que se acorden de maneira mensual, así como dos reforzos.

Ampliar o horario flexible ata as 20:00 H, no inverno e valora ata as 18:30 no verán. Non o amplía ata 7:00 H, por falta de persoal de vixilancia nesa franxa.

Para a data que vai desde o  24 de decembro ata o 7 de xaneiro (ambos incluídos) STAJ pediu que a xornada sexa tamén reducida como no verán. A DXX di que non é posible xa que desta forma non cumpriríamos o número de horas a traballar exixidas por lei en cómputo anual ( 1642). Polo tanto rexéitana

Móstranse en desacordo con que as vacacións e días de asuntos se poidan desfrutar máis aló do 31 de xaneiro do ano seguinte de xeito xeral. 

No referente ás actuación urxentes e inaprazables, están abertos a valorar como compensar as horas de máis que se fan desde que remata a xornada laboral e ata as 17:00 h.. Pedindo a este sindicato que lle desenrole por escrito a nosa proposta, cousa que faremos en breve.

No referente ao goce obrigatorio da metade das vacacións entre o 1 xuño ao 30 de setembro, a que SATJ se opuxo, indican que o manterán.

Non teñen intención de que se poidan xuntar tódalas vacacións aos asuntos particulares como lle pedimos, de tal forma que so se poderán xuntar os asuntos particulares cos 7 días soltos de vacacións.

Por outro lado, valora que para a denegación das vacación, teña que ser por escrito.

A DXX rexeita que os dias de asuntos particulares se poidan coller por dias e tamén por horas, como lle propuxo STAJ, mediante a creación dunha bolsa de horas.

No referente a flexibilidade laboral, a proposta de STAJ de que a nosa regulación achéguese ou equipárese a que teñen os funcionarios da Xunta (ORDE do 29 de decembro de 2023) a DXX indica que o valorará, de tal forma que agora para a convivencia non será necesario o empadroamento, se non, un certificado de convivencia, e que no caso de persoa dependente chegará coa resolución xudicial e os informes médicos que así o determinen. Valoran positivamente as nosas peticións e pídennos que as remitamos por escrito ampliado.

No relativo a adaptación progresiva da xornada de traballo, a DXX para o persoal funcionario que se reincorpore ao servicio efectivo á finalización dun tratamento, valorarán ampliar a máis supostos que os de radioterapia e quimioterapia.

A pesar de que a normativa sinala que debemos traballar trinta e sete horas e media no inverno, e trinta e dúas horas e media no verano, a DXX manifesta que seguiremos facendo sete horas diarias no inverno, e seis horas e media no verano.

Para o caso de gardas de dispoñibilidade, se compense con días libres os exceso de horario, que se regule a libranza dos SCNE cando saen a realizar dilixencias pola tarde-noite ou nos fins de semana e repeto dos Servizos de  Rexistro e Reparto de cidades e pobos con Decanato que se acorden prolongacións de xornada, á DXX toma nota, sen pronunciarse na reunión.

BORRADOR DE BOLSAS DE INTERINOS DE MEDICINA FORENSE

Por parte de STAJ ao ser unha resolución moi específica fixo as seguintes alegacións que a DXX terá que valorar:

Formación Académica: a) “especialidade en medicina legal e forense: 10 puntos”. STAJ solicita que se inclúa con esta puntuación aos forenses que non poden acceder ao título de especialista ata que conclúa a formación por residencia a primeira promoción de estes especialistas (que será no ano 2027).

STAJ insiste na eliminación de medicina familiar e comunitaria neste apartado coas seguintes xustificacións:

-      E incomprensible que se valoren con 8 puntos a medicina familiar e pediatría se valore con 2 e xinecoloxía, por exemplo, que non se valore con 8 puntos cando hai unha clara relación de cooperación coa medicina forense nas agresións sexuais.

-      SOLICITAMOS que se elimine da valoración con 8 puntos medicina de familia e pase a valorarse con 2 puntos en “outras especialidades” e se inclúa xinecoloxía na valoración con 8 puntos.


                                        MODIFICACÓN RPTS FISCALIAS


Pretenden eliminar as prazas de funcionarios das Seccións Territoriais de Verín e Cambados, creandose as mesmas prazas nas Fiscalías de Ourense e Pontevedra

                   PROPOSTA DE CREACIÓN DE PRAZAS PARA O ANO 2024.

Falouse de que se van a crear 15 novas prazas de funcionarios nos tres corpos, dos cales 7 van para o xulgado de primeira instancia nº 16 de A Coruña, e a DXX traslada as organizacións sindicais para que propoñamos onde sexan necesarias as 8 prazas restantes (1 Xestión, 6 Tramitación e 1 Auxilio)

                                                    ROGOS E PREGUNTAS

A vista do preguntado, a DXX manifesta que:

Seguen a espera do informe sobre os xulgados violencia de xénero e a súa problemática que se tratou na comisión mixta TSXG-XUNTA.

Unha vez aprobado o calendario laboral, teremos reunión para actualizar a ORDE de vacacións, permisos e licencias.

Das gardas de 24 horas para os xulgados de instrución das cidades de Vigo e A Coruña, non  esperan a súa implantación.

Para a cidade da Xustiza de Vigo, procedeuse a adxudicación das máquinas de vending, pero non hai prazo inda para poñelas.

No referente a corrección do terceiro exame do turno libre de xestión, Galicia xa finalizou e está o que se lles remita polo tribunal cualificador único.

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras