miércoles, 17 de enero de 2024

Propostas de STAJ para a mesa sectorial de hoxe coa DXX: traxectoria e calendario laboral 2024

Hoxe temos mesa sectorial coa Dirección Xeral cunha extensa orde do día, da que vos informaremos con posterioridade. As alegacións de STAJ á proposta de nova convocatoria para os graos extraordinarios I e II da traxectoria profesional e ao borrador do calendario laboral 2024 son as seguintes:

Alegacións de STAJ á proposta de nova convocatoria para os graos extraordinarios I e II da traxectoria profesional

1.  Incluír ao persoal que ten recoñecido o grao I no ano 2022 e cumpre os requisitos de 11 anos de servizos e teñen horas suficientes en cursos de formación ou cumpren cos outros criterios de avaliación. Evitando que se presenten, non se busca que se acade progresivamente os requisitos de antigüidade e formación coma o resto de compañeiros, porque xa cumpran estes requisitos, se non que tratan de gañar tempo. 

2.  O persoal interino que cumpriu os 5 anos ou 11 anos e teña a formación requirida a data 31.12.2023 ou 31.12.2024 débeselle recoñecer o grao aínda que non estean traballando nese momento se están na bolsa de traballo ou reserva como “dispoñibles”.

3.  O méritos e demais condicións para o acceso deben estar referenciados a ultimo dia do prazo de solicitude, para que poidan acceder funcionarios que doutro xeito quedarían fora por días ou semanas.

4.   A posibilidade de solicitar o acceso debe ser aberta no tempo e permanente, para que cada un o poida solicitar cando cumpra os requisitos e condicións, sen necesidade de esperara a un prazo concreto e tan curto.

5.  O prazo de solicitudes nesta ocasión NON debe abrirse antes da finalización do prazo de toma de posesión do persoal que se ven a Galicia no concurso de traslado, tampouco antes de que tomen posesión en Galicia os aprobados de tramitación e xestión que aprobaron polo turno libre e están pendentes de ser nomeados funcionarios de carreira e empezar a traballar na nosa CCAA. Non facer isto deixaría fora desta convocatoria aos que cumpran coa antigüidade e cos criterios de avaliación, creándose unha discriminación e un prexuízo irreparable se non se volvesen a convocar accesos extraordinarios ao grao I.

6. A distribución da cantidade que corresponde por cada grao debe distribuírse do seguinte xeito nos tres anos nos que se consolidan os efectos económicos 60%- 20%- 20 %, tal como esta nestes momentos para aos que accederon no ano 2022.

Consulta aquí o borrador da traxectoria profesional para os graos I e II


Alegacións de STAJ ao borrador de calendario laboral 2024

-  Os funcionarios/as que traballan nas oficinas de reparto teñen o seu horario obrigatorio ata as 15.00 horas pola presentación de escritos e demandas ou se lle da unha compensación económica mediante unha prolongación de xornada como teñen os partidos xudiciais dun e dous xulgados, se non se lle den días libres mediante unha bolsa de horas polo horario que fan de mais e pola imposibilidade de saír cando poden saír o resto de funcionarios, cousa que se  agudiza durante o horario de verán e na semana de horario reducido. No caso de rexistro e reparto de cidades e pobos con decanato: que se acorden prolongacións de xornada rotatoria e voluntaria.

-   Que no que vai desde o 24 de decembro ata o 7 de xaneiro (ambos incluídos) a xornada sexa como no verán.

-    Que se recoñezan as horas por actuación urxente e inaprazable que se realizan unha vez finalizada as 7 horas da xornada diaria e ata as 17:00 horas. De tal forma que se non se poden compensar no mes seguinte, se lle computen en días de libranza.

Para os casos dos xulgados de Violencia sobre a muller, instrución (fora da garda) e mixtos (fora da garda), debido o reiterativo e continuo de actuación urxente e inaprazable, esas horas de máis, se lles paguen como horas extra ou  se lles compense como días libres mediante bolsa de horas.

-     Que as vacacións poidan desfrutarse excepcionalmente ata o 31 de marzo.

Opoñémonos a que a metade das vacacións deban de gozarse preferentemente entre o 1 de xuño ao 30 de setembro.

Que se permitan xuntar todas as vacacións e asuntos particulares.

-    Que os días de asuntos particulares, ordinarios e por antigüidade, se poidan desfrutar por horas ao igual que na Comunidade Autónoma de Cataluña. Este desfrute poderá ser ou por horas ou por días a elección do funcionario.

No caso de incapacidade temporal, se poida tamén desfrutar os días de asuntos particulares (moscosos e canosos) ata 18 meses dende último día do ano que se xeraron, como sucede coas vacacións.

Que se incorpore un día adicional de asuntos persoais por cada festividade laborais de ámbito nacional de carácter retribuído, non recuperable e non substituíble pola comunidade autónoma, cando coincida en sábado ou domingo no dito ano. Cando nunha localidade coincida o festivo local en sábado, domingo ou festivo nacional ou autonómico se lle dea un día máis por cada un deses días.

-    Débese seguir a estela do acordado pola Xunta para os seus funcionarios, no sentido de: que haxa máis de unha ou dúas horas para flexibilizar, e que se diferencie entre convivir coa persoa e estar a cargo dela (no caso de xente maior dependente, non sería necesario residir no mesmo domicilio)

-   A maiores do exposto, entendemos que se debe regular neste calendario laboral o seguinte:

·   Que no caso de gardas de dispoñibilidade, se compense  con días libres os exceso de horario, mediante bolsa de horas, hai partidos xudiciais como Vilagarcía, onde as gardas, case a diario,  os obrigan a saír máis tarde do normal e onde case tódolos fins de semana deben acudir a realizar nas oficinas xudiciais funcións xeradas por mor da garda, cobrando 145 euros a semana e moitas veces non poden ou non se lle permite compensar ese horario.

Consulta aquí o borrador do calendario laboral 2024

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras