A DXX comunícanos que se nos convoca a unha reunión de traballo telemática
o próximo venres 28 de novembro ás 9:00 h sobre a proposta de modificación da normativa
que foi remitida para a mesa sectorial do 18 de novembro.
A reunión terá unha duración máxima de dúas horas e a orde establecida para avaliar os distintos textos será o seguinte:
- Complemento VSM.
- Horario especial RC.
- Comisión de servizos.
- Substitucións.
Por último recordar que se trata dunha reunión de traballo onde comentar aspectos da proposta facilitada pola Administración. A negociación sobre os textos corresponde unicamente á Mesa sectorial.
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras