martes, 28 de julio de 2026

Nova bolsa de interinos: publicación das listaxes provisionais

Hoxe publicouse na intranet de Xustiza e na páxina web da Consellería as listaxes provisionais das novas bolsas de persoal interino.

As persoas interesadas terán dez días hábiles desde a publicación das listas provisionais para reclamar, de conformidade co establecido na resolución da convocatoria, sobre calquera dos datos contidos na lista ante o órgano que realizou a convocatoria, pero sen poder invocar nin acreditar outros méritos distintos aos alegados na solicitude.

O prazo para presentar alegacións comprende do día 29.07.2026 ao 11.08.2026. As alegacións deberán presentarse de xeito electrónico a través do formulario dispoñible na aplicación informática https://opax.xunta.es.

Despois de que finalice este prazo de 10 días hábiles a DXX publicará as listas resultantes para cada corpo e provincia, ordenadas por puntuación. Unha vez se publique esa segunda lista ordenada por puntuación, as persoas que se anotaran en varias provincias ou varios corpos terán un novo prazo para optar pola bolsa na que queren quedar. Se non o fai, entenderase que desiste de todas as súas solicitudes.


Listaxes provisionais de persoas admitidas

Corpo auxilio xudicial

Corpo de tramitación procesual e administrativa

Corpo de xestión procesual e administrativa

Listaxes provisionais de persoas excluídas

Corpo auxilio xudicial

Corpo de tramitación procesual e administrativa

Corpo de xestión procesual e administrativa


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras