Hoxe publícase a RESOLUCIÓN DA DIRECCIÓN XERAL DE XUSTIZA POLA QUE SE CONVOCA PROCESO DE REORDENACIÓN E REASIGNACIÓN FORZOSA DE EFECTIVOS DENTRO DO PROCESO DE REORGANIZACIÓN QUE SE REALIZA CON MOTIVO DA IMPLANTACIÓN DA FASE III DA LEI ORGÁNICA 1/2025 na Intranet de Xustiza e na web da consellería.
Persoas solicitantes
As que non obtivesen posto definitivo polos procedementos de libre disposición, concurso específicio ou non foran confirmadas previamente e que teñan destino definitivo ou reserva de posto nas unidades afectadas pola Fase III.
Prazo e forma de presentación das solicitudes
As solicitudes irán dirixidas á Dirección Xeral de Xustiza, da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, e deberán presentarse na sede electrónica da Xunta de Galicia mediante o modelo de solicitude xenérica co código PR004A xuntando o modelo do Anexo II. No Anexo II deberá indicar as súas preferencias para a fase de reordenación de efectivos e para a de reasignación forzosa, tal e como se indica no modelo.
O prazo para a presentación das solicitudes será de TRES DÍAS HÁBILES contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria na intranet de xustiza e mais na web da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes.
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras