Seguindo instrucións do Director xeral
convócasenos a unha reunión da Mesa sectorial de Xustiza para o próximo martes
2 de decembro, ás 10:30h, na Aula 11 da EGAP coa seguinte Orde do día:
1. Convocatoria
extraordinaria dos graos I, II e III da traxectoria profesional. Decisorio.
2. Normativa.
Decisorio.
3. Rogos e
preguntas.
Con esta convocatoria achégase a seguinte documentación:
- Proposta de Acordo para a convocatoria extraordinaria da traxectoria profesional. Os cambios respecto do borrador anterior van marcados en vermello.
Tamén serán considerados os cursos de iniciación e perfeccionamento (Celga 4), medio ou superior de linguaxe administrativa e xurídica galega ou o ciclo superior dos estudos de galego das escolas oficiais de idiomas, homologados polo órgano competente en materia de política lingüística. Os cursos impartidos pola Secretaría Xeral de Política Lingüística considéranse como impartidos por unha consellería da Xunta de Galicia.