O pasado 22 de xullo presentouse unha moción de censura para o próximo
martes 16 de setembro contra o presidente e Secretario da Xunta de Persoal de
Pontevedra, ambos delegados de STAJ, a moción foi asinada en unidade polos
delegados de persoal das candidaturas de USO, CUT e CIG, deixamos a
literalidade do texto, exclindo nomes e demais datos personais:
“As/os
abaixo asinantes, na súa cualidade de delegadas/os da Xunta de Persoal da
Administración de Xustiza de Pontevedra presentamos, ao amparo do disposto no
artigo 27 do regulamento da Xunta de Persoal, unha moción censura contra o
Presidente e o Secretario de dita xunta, debido aos últimos acontecementos
suscitados o 5 de xuño de 2025, coa petición conxunta da maioría da comisión
permanente, de acudir un representante de cada central sindical a unha xuntanza
co secretario coordinador de Pontevedra, a fin de comentar con él os protocolos
de funcionamento da nova configuración das oficinas xudiciais.
A negativa
rotunda do presidente a someter a votación a petición realizada polos membros
da comisión permanente e empeñarse en acudir soamente él a dita xuntanza co
secretario coordinador, expón claramente unha falta absoluta de respeto
democrático e de cumprimento do establecido no regulamento da xunta de persoal,
mantendo unha actitude case despótica, con ignoracia absoluta de que se atopa ·
fronte dun órgano colexiado, onde se ten que acatar as maiorías correspondentes
e non un órgano unipersoal presidencialista, como el pretende facer valer.
Todos estes
argumentos, de suficiente importancia e relevancia, amparan a petición da
moción censura contra o presidente e secretario actuais, propoñendo como
candidatas/os alternativas/os a:
Presidenta:
delegada elexida en segunda posición pola candidatura de SPJ-USO á Xunta de
Persoal de Pontevedra
Secretaria:
delegada elexida en terceira posición pola candidatura de SPJ-USO á Xunta
de Persoal de Pontevedra.
Hai que sinalar que todos os membros da Xunta de
Persoal (comisión permanente) eran coñecedores desta reunión e diron o seu
visto bo para a súa solicitude, o problema viu cando finalmente se concede solo
para que acuda o Secretario e o Presidente como representantes lexítimos dese
órgano colexiado, coa idea de dar conta do explicado polo Coordinador a tódolos
membros da xunta de persoal e de trasladar a documentación que se nos
proporcionara en dita xuntanza, querían acudir un de cada sindicato, ou que non
fose ninguén si o Coordinador non aceptaba reunirse con todos, preferán que non
houbese reunión para tratar un tema tan improtante como os protocolos da nova
oficina xudicial, ca que acudisen solo os rerpresentantes lexítimos da Xunta de
Persoal.
Esto é o que di o regulamento, no seu artigo
18: “Ou/A Presidente/a dá Xunta de Persoal terá as seguintes funcións: 1)
Ostentar a representación dá Xunta de Persoal ante a Administración, órganos
Xudiciais e ante calquera Institución ou persoa física ou xurídica”. Pero
é que o anterior regulamento (de 1988) tamén establecía a representación da
xunta de persoal ao seu presidente, artigo 5: “o presidente é o
portavoz da Xunta de Persoal ante calquera organismos e institucións” Por
tanto, levan case 40 anos os distintos presidentes da Xunta de
Persoal reuníndose, en solitario, coas distintas institucións, organizacións ou
autoridades sen que nunca houbese ningún problema.
No referente a que fose un representante da cada
central sindical, simplemente non é posible, a Xunta de Persoal está integrada
por 23 delegados de persoal, por iso é un órgano autóno é independiente dos
sindicatos. Se USO, CUT ou CIG querían unha reunión co secretario coordinar,
unicamente tiñan que pedirlla como sindicatos.
Por todo iso, dáse a incrible situación de que se presenta unha moción de
censura por no primeiro caso cumprir o regulamento (reunión co secretario
coordinador para tratar cousas de moita importancia para o colectivo que
representamos) e no segundo por unha cuestión fora do alcance do presidente
(non ten a facultade de pedir reunións para os representantes dos
sindicatos a nivel individual), o nunca visto!
Podemos entender o interese dos delegados de persoal da candidatura de USO
para alcanzar a presidencia e secretaria que se lles negou na constitución da
Xunta de Persoal, ese é o seu verdadeiro motivo, pero que os delegados
de persoal das candidaturas de CUT e CIG, co seu apoio e votos o validen,
parécenos certamente sorprendente.
Nunca houbo
tanta transparencia na Xunta de Persoal, nin se tratou tantos temas, nin se chegou no seu seo a tanto
acordo, como dende que STAJ ostenta a Presidencia e Secretaría da Xunta de
Persoal. Con esta moción queren voltar ao pasado, onde a Xunta de
Persoal nunca a deixaron funcionar, e prefiren que non funcione, co perxuizo
que eso xera para todos/as vos, porque pensan, que si funciona lles pode
costar votos.
Dende STAJ mostramos o noso total apoio ao Presidente e Secretario e esperamos que se recupere o sentido común, e polo ben común non prospere unha moción de censura baseada en motivos personalistas e espurios.