- Aprobación da acta da
sesión anterior.
- Información sobre o avance
da implantación da NOVA OFICINA XUDICIAL.
- Traxectoria profesional.
- Rogos e preguntas.
En relación as novas sobre a implantación da nova Oficina xudicial:
Dado
comezo a mesa o Director xeral informa de que publicaranse no DOG ó próximo xoves día 11 de setembro as
RPT da Fase III da implantación dos Tribunais de Instancia, así como tamén
publicaranse os postos de libre designación o día 12 de setembro.
Informa o director xeral que está pendiente de que lle informen por parte do Ministerio cando se facilitará a estructura do programa informático Atenea así como a firma dos seus convenios.
En relación a Traxectoria profesional:
Dende
Staj solicitamos en relación a carreira profesional que o pagamento
correspondente aos graos I, II e III, sexa en TRES ANOS, como na proposta remitida en febreiro, nos seguintes
porcentaxes:
- No 2025, o 60 %
- No 2026, o 80%
- No 2027, o 100%
Así
mesmo solicitamos que para o acceso aos graos I, II e III as horas de formación
continuada sexan 120 horas en cómputo global.
E
solicitamos que para o acceso ao grado I, o prazo para o cómputo tanto de
méritos como de condición sexa o último día do mes anterior a publicación ou o
día da convocatoria, co fin de que poidan acceder a este grao o maior número de
persoas e non queden excluidas por mor dos prazos.
E como vimos solicitando dende sempre, reiteramos que o acceso aos graos I, II, III non sexa mediante convocatoria e que se encontre sempre aberta para as persoas que cumplan condicións e méritos.
En relación as prazas vacantes para o concurso de traslados das vilas da Fase I:
Solicitamos que se inclúan a totalidade das prazas vacantes
que se foron producindo ata a actualidade, incluidas todas as prazas vacantes
por xubilación.
A lista cas prazas vacantes remitidas pola DXX cun total de
48, son as prazas vacantes a 31 de decembro do 2024.
A DXX valorará o aumento cas 26 prazas vacantes producidas por mor de concurso de traslados dende decembro 2024 ata agora.
Rogos e preguntas:
Dende STAJ manifestamos a necesidade de revisión da implantación dos Tribunais de Instancia da Fase I, en relación a problemas que se están a producir como en canto a compatibilidade dos tramitadores e xestores que levan o Rexistro Civil. Dado que nas vilas xa se está solicitando o nomeamento de reforzos, exiximos nomeamento urxente de reforzos para a levanza do rexistro civil.
En
relación o complemento de violencia sobre a muller nas vilas a DXX informa de que a negociación producirase ca orden de confección de nóminas e haberá reunión para tratar o pago de dito complemento a partir de xaneiro de 2026.
Informa o director xeral que convocarase Mesa de salud o mes que ven, e informa de que é posible que se trate o plan de igualdade.
En relacion aos procedementos de selección dos corpos xerais a DXX manifesta que non ten información.