Publicáse
no DOG a RESOLUCIÓN do 22 de maio de 2026 pola que se convocan cursos de
linguaxe xurídica galega para persoal ao servizo da Administración de xustiza
que preste servizos fóra da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2026.
Co
obxecto de impulsar a normalización lingüística na Administración de xustiza,
convócase un curso de linguaxe xurídica galega nivel medio e un superior na
modalidade de teleformación.
O
número de prazas de cada curso será de 25.
O
prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da
publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e
ata o 5 de xuño de 2026.
Cada persoa
só poderá solicitar un dos cursos convocados.
O persoal que desexe participar nos cursos convocados nesta resolución deberá cubrir o formulario de matrícula telemática na páxina web da EGAP <https://egap.xunta.gal/matricula>, e non serán admisibles outras formas de solicitude.
As solicitudes cubertas adecuadamente
entenderanse presentadas na EGAP no enderezo da internet
<https://egap.xunta.gal/matricula> unha vez que se complete correctamente
o proceso de matriculación.
As persoas que, de seren seleccionadas,
desexen recibir os correspondentes avisos deberán facilitar unha conta de
correo electrónico e un número de teléfono móbil.
