No
día de hoxe publicase no DOG a RESOLUCIÓN do 4 de setembro de 2025, da
Dirección Xeral de Xustiza, pola que se convocan, para a provisión polo sistema de libre designación, postos de
traballo dos corpos de xestión procesual e administrativa, e de tramitación
procesual e administrativa da Administración de xustiza.
Primeira.
Participantes
1.
Os postos de traballo que se convocan poden ser solicitados por persoal
funcionario de carreira pertencente ao corpo do posto que solicita, calquera
que sexa a súa situación administrativa, excepto que se encontre nalgunha das
situacións previstas no número 2, sempre que reúna as condicións xerais
exixidas e os requisitos determinados nesta convocatoria na data en que remate
o prazo de presentación de solicitudes e se manteñan ata a súa resolución.
2.
Non poderán tomar parte nesta convocatoria: a) As persoas declaradas suspensas
en firme, mentres dure a suspensión. b) O persoal funcionario que se encontre
en situación de excedencia voluntaria por interese particular, durante o
período mínimo obrigatorio de permanencia na dita situación. c) As persoas
sancionadas con traslado forzoso, ata que transcorran un ou tres anos, se se
trata dunha falta grave ou moi grave, respectivamente, para destino na mesma
localidade en que se lles impuxo a sanción
3.
En caso de que o persoal funcionario que estea destinado en partidos xudiciais
nos cales se oferten prazas mediante concurso específico dentro do proceso de
reorganización solicite postos de traballo mediante concurso específico, a
adxudicación dun posto de libre designación deixará sen efecto a participación
no dito concurso.
Segunda.
Presentación de solicitudes
As
persoas interesadas deberán presentar as súas solicitudes segundo o anexo II,
nas cales farán constar os seus datos persoais, o posto de traballo actual e o
posto a que aspiran, no prazo de cinco
días hábiles contados desde o
seguinte ao da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial del Estado.
As
solicitudes irán dirixidas á Dirección Xeral de Xustiza da Consellería de
Presidencia, Xustiza e Deportes, e presentaranse por vía electrónica na sede
electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) empregando o
procedemento xenérico PR004A e achegando o anexo II coa solicitude.
Coa solicitude deberá
achegarse un currículo e a documentación acreditativa dos méritos alegados para
o posto solicitado.
Igualmente, axuntarase á instancia unha memoria asinada na cal, nunha extensión
non superior aos cinco (5) folios, o/a candidato/a realizará unha análise das
tarefas do posto solicitado e das condicións e dos medios necesarios para o seu
desempeño, e fará constar, así mesmo, propostas de mellora no desenvolvemento
das funcións e todas aqueloutras cuestións que o/a aspirante considere de
interese ou importancia, con base na descrición das funcións do posto.
A
Dirección Xeral de Xustiza ou o/a secretario/a de Goberno poderán realizar unha
entrevista persoal ás persoas interesadas.
Terceira.
Resolución e adxudicación de destino
Esta
convocatoria será resolta pola Dirección Xeral de Xustiza e os nomeamentos
efectuaranse no prazo máximo de dous meses, contados desde o remate do prazo de
presentación de solicitudes. O dito prazo poderá prorrogarse, excepcionalmente,
ata un mes máis.
A
toma de posesión efectiva dos postos non se producirá ata a entrada en
funcionamento da oficina xudicial nos partidos xudiciais aos cales corresponda
o centro de destino, prevista o 31 de decembro de 2025.
As
persoas designadas poderán ser cesadas con carácter discrecional pola mesma
autoridade que as nomeou.
Tamén
poderán renunciar aos ditos postos de traballo mediante solicitude razoada na
cal farán constar os motivos profesionais ou persoais para esta renuncia,
sempre que desempeñasen o citado posto polo menos durante un ano.