viernes, 12 de septiembre de 2025

Reorganización de efectivos Fase III: documento definitivo

A DXX remitiunos por mail o procedemento para o desenvolvemento da reorganización de efectivos das oficinas de xustiza, oficinas xerais do rexistro civil e oficinas de xustiza do municipio da Fase III.



O proceso de reorganización da fase III seguirá a seguinte orde:

A. Provisión de postos de traballo singularizados polo procedemento de convocatoria en LD
B. Provisión de postos de traballo singularizados por concurso específico: prevista para publicar posiblemente a semana que vén (prazo de 5 días hábiles) 


C. Provisión de postos de traballo polo procedemento de confirmación
D. Identificación de postos de traballo que non se cubriron na fase anterior, que serán provistos polo procedemento de reordenación de efectivos.
E. Provisión dos postos de traballo que non se cubriron nas fases anteriores, que serán provistos por reasignación forzosa.

Dende STAJ elaboramos unha guía con exemplos por se vos pode ser de axuda para solventar dúbidas que poidan xurdir. Tamén podedes contactar cos vosos delegados de STAJ na provincia.

Accede á nota explicativa de STAJ con exemplos da reorganización  aquí

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras