A DXX remitiunos a proposta do texto definitivo (pendiente de publicación no DOG, aínda por confirmar a publicación, pero podería ser a vindeira semana) da convocatoria do concurso específico para xefaturas en Galicia.
Como a convocatoria coincidirá co periodo vacacional de persoal interesado/a en participar, e o tempo que dan é pouco (5 días hábiles) deixamos o texto definitivo da convocatoria por se queredes ir adiantando tempo antes da publicación no DOG.
Poderá participar o persoal funcionario dos corpos de xestión procesual e administrativa, de tramitación procesual e administrativa e mais de auxilio xudicial destinado no municipio onde se deban desempeñar os postos de traballo ofertados.
Ademais, para poder participar, o persoal funcionario deberase atopar en situación de servizo activo ou con reserva de posto de traballo.
Non poderá participar neste concurso, ao se tratar dun proceso de acoplamento, o persoal funcionario que se encontre en situación de excedencia sen dereito a reserva de posto de traballo; o persoal suspenso en firme, mentres dure a suspensión; nin o persoal sancionado con traslado forzoso, para destino na mesma localidade en que se lle impuxo a sanción, ata que transcorran un ou tres anos segundo se trate de falta grave ou moi grave, respectivamente.
Non hai tempo mínimo de prestación de servizos para participar no concurso específico
O prazo para presentar as instancias será de 5 días hábiles (dende que se publique no DOG -aínda sen data fixada-) a través da sede electrónica da Xunta
Accede aquí ao texto completo do borrador definitivo da convocatoria
As prazas ofertadas son as seguintes, desglosadas por localidade (acompañan unha pequena descrición das funcións a desempeñar así como os méritos solicitados):
Anexo IV. Méritos alegados
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras