No DOG de hoxe publícase a resolución do 10 de xaneiro de 2024 pola que se
convocan os cursos de linguaxe administrativa e xurídica galega para persoal ao
servizo das distintas administracións da Comunidade Autónoma de Galicia para o
ano 2024.
O número de prazas por curso será de 25.
O prazo de presentación de
solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no
Diario Oficial de Galicia e ata o 31 de xaneiro de 2024.
Cada persoa só poderá solicitar
un dos cursos convocados.
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras