lunes, 23 de junio de 2025

Aclaracións da DXX sobre o proceso de reordenación da Fase III (cidades)

No día de hoxe celebrouse unha reunión de traballo entre a DXX e as organizacións sindicais para resolver dúbidas e facer aclaracións sobre a norma da reorganización e tamén sobro o borrador das bases da convocatoria do concurso específico para cubrir os postos singularizados. 

En canto ás aclaracións sobre a reorganización, a DXX comprometeuse a darnos por escrito as respostas a todas as consultas remitidas por escrito polas organizacións sindicais. Adiantamos as seguintes aclaracións ofrecidas pola DXX. Débese ter en conta que a norma aínda é un borrador e pode ter cambios, pero tal e como está agora, a DXX informa do seguinte: 

-        Servizo de apoio. Infórmannos de que os funcionarios actualmente destinados no servicio de apoio dependente dos decanatos, irían directamente á reordenación, sen que poidan ser confirmados, pero están valorando aínda se facelo así porque non o teñen claro. A outra posibilidade sería confirmalos na área ou servizo común onde estean agora desempeñando as súas tarefas.

-        VSM nas cidades de Ourense e Santiago. Dende a DXX tampouco teñen claro aínda onde van ser confirmados. Pretenden ofrecer unha proposta na próxima mesa sectorial.

-        Persoal que tramita e executa. En canto aos compañeiros que non fan de forma exlusiva tarefas de tramitación ou tarefas de execución de forma exclusiva, é dicir, que tramitan e executan, ata o de agora a DXX viña mantendo que non poderían ser confirmados e que pasarían directamente a reordenación. Agora din que esta decisión non está cerrada, pero non aclaran cal sería a alternativa.

-        Antigüidade no centro de destino. A antigüidade no centro de destino é a antigüidade dende a toma de posesión na xurisdicción e na localidade. En principio toman como data de inicio a da toma de posesión e non a do nomeamento. A xurisdicción que se ten en conta é a xurisdicción concreta na que se está na actualidade e non a xurisdicción da área ou servizo de destino. É dicir, a un funcionario ou funcionaria que teña antigüidade na xurisdicción social e que agora traballa nun xulgado do contencioso-administrativo, só se lle vai computar a antigüidade na xurisdicción que ocupe no momento da reorganización, neste exemplo só se lle computaría a antigüidade no xulgado do contencioso-administrativo. Non obstante, sí se vai sumar a antiguidade que se teña na mesma xurisdicción con anterioridade. Por exemplo, a un funcionario ou funcionaria que estivera 2 anos nun social, logo 1 ano nun civil e agora estea de novo nun social dende fai 3 anos, váiselle sumar toda a súa antigüidade na xurisdicción social, é dicir, computaráselle 5 anos de antigüidade a efectos da reordenación ou reasignación. Pola contra, non se vai ter en conta a antigüidade como interino nin nun corpo distinto ao actual. No resto dos casos, a antigüidade que se vai ter en conta é a da xurisdicción actual. É dicir, a un funcionario ou funcionaria que levaba 15 anos nun xulgado de primeira instancia e que agora concursou e ten a súa praza nun xulgado de instrucción, só se lle computa a antigüidade na xurisdicción penal; non tería preferencia ningunha para volver á área civil. Por outra parte, só se computa a antigüidade das prazas en propiedade como titular, non se computa a antigüidade nunha xurisdición na que se estivo a traballar en comisión de servizos ou substitución.

-        Na fase de reordenación e reasignación ofreceranse todas as prazas vacantes da localidade de todas as xurisdiccións e de todos os servizos comúns e áreas.

-        Preferencia na reasignación forzosa. Aínda que o Real Decreto de provisión de postos di que os funcionarios reasignados teñen “preferencia para obter un posto de traballo no seu centro de destino de orixe no primeiro concurso de postos xenéricos”, a DXX infórmanos de que, como o centro de destino de orixe xa non existe, non saben cómo se pode facer efectiva esa preferencia. Nos din que trasladaron a consulta ao Ministerio, pero non tiveron resposta aínda.

-        Porcentaxes. No último borrador da norma estabécese que haberá porcentaxes por xurisdicción para a reorganización dos postos nos servizos comúns ou áreas onde se leven asuntos de diferentes xurisdiccións. Estes porcentaxes non teñen efecto ningún nas tarefas que logo se desempeñen. Só se aplican para a reorganización.

-        Complemento de VSM nos xulgados de primeira instancia e instrucción dos pobos. A DXX non ten claro a quen vai pagar este complemento nin a cantos funcionarios por tribunal de instancia. É inaceptable que a unha semana da entrada en funcionamento dos tribunais de instancia nas localidades da fase I non teñan esta decisión tomada e informen aos traballadores de algo que afecta de xeito tan importante ao traballo do día a día e á retribución. 

No tocante ao borrador da convocatoria do concurso específico para cubrir os postos de traballo singularizados, pedimos aclaracións para que nos informaran máis polo miúdo dos criterios para conceder os puntos e que títulos, cursos ou experiencia van valorar. A DXX di que, todo o que non se explica nas bases, vaise determinar despois da convocatoria pola comisión de selección. Dende STAJ consideramos que debe estar perfectamente delimitada na convocatoria o que se vai valorar e en qué medida. En canto a como se van cubrir as prazas de xefaturas de área ou equipo cando un titular marcha con reserva da praza (comisión de servizos, IT, substitución, substitucion...) nos din que non o teñen claro, que podería saír a substitución, pero que en ningún caso pode ser cuberta por un interino. 

Esta mesma semana ou a próxima haberá unha nova mesa sectorial, seguramente a última, para negociar as RPTs e a norma de reorganización. Seguiremos informando das novidades que vaian xurdindo.

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras