miércoles, 25 de junio de 2025

Manterase o xulgado oito de instrucción de Vigo e contarase con dúas seccións de Violencia sobre a muller.

No día de onte o alcalde Abel Caballero informou que unha vez falado co Ministro de Xustiza Felix Bolaños, este confírmalle que se procederá a ditar un novo real decreto entre setembro ou outubro onde se acorde deixar Vigo con oito xulgados de instrución (o que hai actualmente) e dúas seccións de Violencia sobre a muller (unha máis que a actual). Tamén sinala o alcalde que falou disto co xuíz decano de Vigo indicando que o problema está resolto.

Desde STAJ non podemos estar máis contentos, xa que desde o primeiro momento opuxémonos a esa pédida dun xulgado de instrución. Damos por tanto  as as grazas a todos os colectivos: funcionarios, xuíces, fiscais, letrados, procuradores, avogados e especialmente ao concello na persoa do Alcade polo esforzo realizado.

Esperamos a pronta confirmación por parte do Ministerio de Xustiza destas novas e voltamos pedir unha vez máis, que a Xunta valore positivimante as gardas de 24 horas, debido a que é a única administración que se opón.

Noticia voz de galicia



STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras