O pasado mércores 25 de xuño publicouse no BOE o Real Decreto 530/2025, de 24 de junio que, entre outras disposicións, modifica o Real Decreto 1451/2005, de 7 de diciembre, por el que se aprueba el Reglamento de Ingreso, Provisión de Puestos de Trabajo y Promoción Profesional del Personal Funcionario al Servicio de la Administración de Justicia.
En canto ás oficinas de xustiza municipais, este novo Real Decreto trata materias como a competencia e forma de creación de novas oficinas de xustiza no municipio, a súa modificación, quen vai ser a administración competente para a súa dotación, etc. Ademáis, senta as bases para establecer as agrupacións de oficinas de xustiza no municipio. Segundo nos informou onte a DXX na mesa sectorial, finalizado todo o proceso de implantación dos Tribunais de instancia, teñen previsto abordar a posibilidade de creación de agrupacións de oficinas de xustiza e tamén o posible incremento de persoal funcionario que vaian precisar segundo as novas funcións que agora teñen atribuidas. Regula tamén que nos casos de vacantes, permisos, vacacións ou licencias, as substitucións realizaranse primeiro por Xestores do mesmo centro; se non houbera, tramitadores do mesmo centro e, se tampouco houbera, auxilios do mesmo centro. Finalmente, para os xetores que ocupan prazas de Secretaría en Oficinas de Xustiza nos municipios, establece como complemento xeral que se recolle no anexo III da norma.
No referido á modificación do Reglamento de Ingreso, provisión e promoción dos funcionarios de Xustiza, parte destas modificacións supoñen reducir os efectos negativos da implantación dos Tribunais de Instancia, gracias ao acordo asinado co Ministerio por parte de STAJ e outros sindicatos.
Entre as modificacións máis salientables que afectan aos funcionarios de Xustiza, están as seguintes:
- Queda publicado o dereito dos funcionarios a manter as súas retribucións complementarias fixas se no acoplamento, de forma non voluntaria, cambiara de posto de traballo aun sen eses complementos.
- Tamén queda xa publicado que os funcionarios que actualmente fan gardas, conservan o dereito a facer gardas, ata que cambie de posto de forma voluntaria.
- Confirma a forma en que se vai facer o acoplamento coincidindo co que xa fixo a Xunta na fase I e ten previsto para a fase III (primeiro libre designación, onde a haxa; logo concurso específico, para os postos singularizados, como os xefes de área; logo confirmación; despois reordenación e por último reasignación forzosa)
- Salvo voluntade expresa da persoa afectada pla confirmación no se lle poderá encomendar, no destino adxudicado, tarefas sobre materias que fosen propias de órganos xudiciais de diferente clase a aquel no que estivera destinado antes do acoplamento.
- Corresponde aos secretarios coordinadores a organización do traballo, segundo a norma da estructura, neste caso dictada pola DXX, e segundo os protocolos que dicten os propios secretarios coordinadores.
- Establece que as RPTs teñen que identificar os postos correspondentes aos servizos comúns da Audiencia Nacional e das Audiencias Provinciais, ás áreas te tamén aos equipos. No caso dos equipos só cando o establezan as RPTs e cando teñan máis de 50 efectivos.
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras