Onte xoves, celebrouse a reunión entre o alcalde de Vigo e os delegados sindicais de STAJ. Nela e seguindo a boa nova xurdida esta semana, o alcalde confírmanos que unha vez falado co Ministro de Xustiza Félix Bolaños, este asegura que en setembro ou outubro (no outono) teremos un novo Real Decreto onde se manteñan para a cidade os oitos xulgados de instrución e onde se engada un novo maxistrado a maiores para a Violencia sobre a Muller. Neste sentido, manifesta certa sorpresa con que se manteñan concentracións en defensa do xulgado cando isto é un tema resolto e así foi trasladado a este sindicato.
Desde STAJ a defensa dos oito xulgados de instrución empezouse xa en abril, momento no que se presentou escrito o Ministerio de Xustiza, posteriormente a principios de xuño (o 6 de xuño) achegamos escrito tanto o Ministerio de Xustiza e máis o CGPJ para manter as gardas de leis, deixamos abaixo os escritos presentados co seu xustificante.
Nesta línea defendemos tamén a necesidade dun segundo maxistrado para a nova sección de Violencia que debería ser de nova creación, de ahí que a confirmación destes dous puntos por parte do alcalde sexa a mellor das noticias.
Agora o que nos toca e loitar unha vez máis para que os xulgados de instrución conten coa garda de 24 horas unha reinvicación xa histórica en Vigo e deste sindicato. Por outra banda e no referente o novo maxistrado de Violencia sobre a Muller, e de todo necesario que por parte da DXX se dote do persoal necesario, non ten sentido ningún que a actual proposta sexa ampliar un funcionario máis, iso é a todas luces insuficiente tendo presente o aumento da carga de traballo o levar o coñecemento dos delitos sexuais.
Agradecemos unha vez máis o alcalde o traballado realizado o cal unido o feito polos: funcionarios, xuíces, fiscais, letrados, avogados, procuradores e este sindicato leva aparellado a única solución posible para Vigo, oito xulgados de instrución e un maxistrado máis para a futura sección de Violencia sobre a Muller.
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras