En primeiro lugar o acceso ao teletraballo na Administración de Xustiza está regulado na Disposición adicional octava da Ley Orgánica 1/2025, de 2 de enero, de medidas en materia de eficiencia del Servicio Público de Justicia (en vigor dende o 24 de xaneiro de 2025).
A pesar das numerosas peticións deste sindicato á DXX para iniciar a súa regulación, o Director Xeral de Xustiza segue a obstaculizala sen ningún amparo normativo escudándose no papel da Conferencia Sectorial, aínda que o propio Director Xeral se comprometeu a remitir ás OOSS o borrador da regulación en febreiro. A día de hoxe, non remitiu nada.
Dende STAJ denunciamos que hai unha dilación inxustificada no
desarrollo normativo dun dereito do persoal de xustiza de Galicia e, tal e como
dispón o Plan de Igualdade da propia Xunta de Galicia (que obriga a implementar medidas que favorezan a
conciliación da vida familiar e laboral).
En segundo lugar destaca a incoherencia da Xunta nas súas políticas de conciliación nas que o teletraballo supón unha medida fundamental
Do mesmo xeito que convoca cursos de formación en xustiza da EGAP de Teletraballo e non o regula.
E por último, o teletraballo é un dereito do persoal de xustiza e unha obriga da Administración.
Todo isto, unido ás recentes políticas da UE nas que se empeza a esixir o favorecemento da implantación do teletraballo obrigatorio para reducir os desprazamentos diarios, reducir o combustible así como a demanda enerxética asociada ao transportepola derivada da situación xeopolítica na que nos atopamos, leva á conclusión a este sindicato de que a DXX non pode esperar máis.
Por todo o exposto, STAJ solicita a regulación inmediata do teletraballo na Administración de Xustiza en Galicia previa convocatoria de mesa sectorial e negociación coas Organizacións Sindicais.
Accede ao escrito presentado
Xustificante de presentación