lunes, 20 de abril de 2026

EGAP: Plan AUTOFORMACIÓN 2026

No DOG de hoxe publícase a resolución do 10 de abril de 2026 pola que se convoca o programa de autoformación para o persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais, da Administración institucional de Galicia, da Administración de xustiza, das entidades locais e o persoal técnico, de xestión e de administración e servizos (PTXAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG).

As persoas que desexen participar no programa de autoformación dispoñen de dúas opcións, compatibles entre elas pero independentes unha da outra: por unha banda poden acceder aos contidos das actividades sen máis trámite que o de inscribírense na zona de matrícula da EGAP. Por outra banda, poden solicitar presentarse ás probas de avaliación que lles ofrecen a posibilidade de acreditar a súa competencia mediante a obtención dun certificado de equivalencia.

ACCESO AOS CONTIDOS

-A inscrición para o acceso aos contidos poderá facerse en calquera momento a partir do dia 28 de abril de 2026, día seguinte ao da finalización do prazo de matrícula da proba de avaliación das actividades do programa de autoformación.

-Poderase acceder aos ditos contidos na aula virtual da EGAP desde a inscrición de acceso ata o 30 de decembro de 2026, agás para o seguinte contido, que estará dispoñible a partir do día 1 de outubro de 2026.

-O acceso aos contidos das actividades do programa de autoformación non implica a obriga de presentarse ás probas de avaliación reguladas no anexo II, nin é tampouco un requisito para matricularse nelas.

PROBAS DE AVALIACIÓN DAS ACTIVIDADES DO PROGRAMA DE AUTOFORMACIÓN

SOLICITUDES DE PARTICIPACIÓN

-O prazo de presentación de solicitudes de participación nas probas de avaliación será desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e ata o 27 de abril de 2026.

-As solicitudes de participación nas probas de avaliación só se poderán realizar mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula>, desde as 9.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 14.00 horas da data de finalización.

-O número máximo de probas de avaliación das actividades do programa de autoformación que se poden solicitar durante o prazo de presentación de solicitudes limítase a catro.


 
  

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras