Dende que entrou en vigor a Resolución que regula a xornada de traballo hai máis dun mes, e de forma inexplicable, a Dirección Xeral segue sen actualizar o KRONOS para que compute a fichaxe entre as 18:30 e as 20:00 horas obrigando ao persoal a facer partes de indicencia por cada día que traballen máis alá das 18:30 horas.
Dende STAJ esiximos a actualización inmediata da aplicación KRONOS para que se compute o horario conforme á lexislación vixente, e acabamos de presentar un escrito á Dirección Xeral para que poña solución a este problema sen máis demora.
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras