lunes, 8 de abril de 2024

Traxectoria Profesional Grao I e II: prazo de solicitudes e pasos para solicitala

O prazo para a presentación das solicitudes comeza hoxe luns 08.04.2024 e terá unha duración de 30 días hábiles, concretamente ata o  21 DE MAIO incluído.

 A continuación explicamos os pasos para solicitala:  

SEIS SINXELOS PASOS PARA SOLICITALA 

PASO 1. Abro OPAX e aparecerá, tanto no menú lateral coma nos accesos directos, unha ligazón a que temos que premer: «traxectoria profesional».

No caso de que o sistema informe de que non se reúnen os requisitos de acceso, a persoa solicitante poderá acreditar que os cumpre, se é o caso, anexando a oportuna documentación acreditativa á propia solicitude.  

   

PASO 2.- SELECCIONA GRAO I ou GRAO II, segundo sexa o teu caso.

PASO 3.- SELECCIONA A DATA CONVOCATORIA : 05.04.2024 

PASO 4. PULSA BUSCAR e seguidamente CREAR o que vos sitúa na instancia cos datos xa precargados, comprobade que todo é correcto.  

PASO 5. Como xa vos comentamos os cursos de formación continuada ou de galego xa deberían aparecer precargados. No caso de que non aparezan precargados e precisedes o número de horas mínimo (40 para o grado I ou 80 para o Grao II) tendes que anexar/axuntar a documentación en PDF.  

PASO 6. Cando rematedes, Asinar enviar.
 
Quen non se atope no seu posto de traballo durante o período de presentación de instancias  (por estar de baixa ou noutra circunstancia que xera dereito a solicitala…), pode crear a solicitude a través do OPAX en calquera ordenador, 


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras