lunes, 15 de septiembre de 2025

STAJ solicita da DXX que siga mantendo o nomeamento ordinario de interinos

STAJ presenta escrito a Dirección Xeral de Xustiza solicitando que se siga mantendo o nomeamento ordinario de interinos, xa que somos conocedores que as delegación recibiron instruccións para nomear soamente interinos en casos moi  urxentes ata que pase o día 27 de setembro data en que se celebran os exames das oposicións de xustiza.
O motivo polo que non queren nomear interinos ata que pase a data do examen, xa que dende a Dirección Xeral creen que moitos deles se poñen de baixa para estudar para o examen do día 27, e no que xa reduciron os chamamentos durante o mes dos exames
Dende STAJ creemos que non se poden deixar de nomear interinos para cubrirlas necesitades dos xulgados cunha escusa tan endeble, nin se pode demonizar e imputar a todo o colectivo comportamentos que se limitan a casos moi aislados e incluso coñecidos. Cremos que, se aproveitan dunha circunstancia illada, para tentar esconder a  veradeira razón, que é o aforro económico. 
Polo que solicitamos que se nomeen interinos para cubrir tódalas necesidades durante as próximas semanas de setembro, e se garanta a prestación do servizo en condicións de normalidade.




STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras