1. Regúlanse expresamente as prolongacións de xornada (forma de solicitalas e requisitos) quedan reguladas no artigo 2.3 (antes non estaban).
2. A parte flexible do horario no inverno será ata as 20:00 h (antes 18:30h), no verán mantense ata as 17:30h.
3. No referente á compensación horaria engádese o seguinte apartado: No caso dos xulgados exclusivos de violencia sobre a muller,
previa certificación do letrado/a acreditando que se debe a actuacións
urxentes, computarase cada hora traballada entre as 15:00 e as 22.00 horas de
luns a venres, como dúas horas efectivas, ou a parte proporcional
correspondente.
4. Os días de vacacións que se poden pedir soltos (7 días) pódense unir aos asuntos particulares (antes non era posible).
5. Para o persoal funcionario que estea de garda, engádese o seguinte parágrafo: O persoal funcionario que estea de garda o día 24 de decembro ou o día 31 de decembro
terá dereito a un día máis de asuntos paticulares.
6. O relativo á flexibilidade horaria, foi o artigo que máis se modificou. Os motivos para a solicitude da flexibilidade horaria dunha hora agora son os seguintes:
a) Ter fillos ou fillas ou persoas acollidas menores de
idade. No suposto de que o cumprimento da maioría de idade se produza antes da
finalización do curso escolar, a persoa interesada poderá solicitar a súa
prórroga con motivación da súa petición.
b) Convivir con familiares que, por enfermidade ou avanzada
idade, necesiten asistencia.
c) Ser vítimas de violencia de xénero ou de violencia
sexual.
d) Atoparse en proceso de nulidade, separación ou divorcio,
desde a interposición da demanda xudicial ou dende a solicitude de medidas
provisionais previas ata transcorridos tres meses dende a dita demanda ou
solicitude.
No caso de ser dúas horas, os motivos son:
a) Familias monopartentais.
b) As persoas funcionarias que teñan ao seu cargo
persoas respecto das que teñan establecido xudicialmente medidas de apoio ata o
primeiro grao de consanguinidade ou afinidade.
7. Finalmente engádese o artigo 21 consistente na adaptación progresiva da xornada ordinaria de traballo, nos casos de tratamento de quimioterapia, radioterapia ou outras de especial gravidade, consistente nunha redución da xornada ata un 50% durante 30 días prorrogables por outros 30.
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras