martes, 28 de abril de 2026

Convocadas as novas bolsas de persoal interino de xustiza en Galicia

Hoxe publicouse no DOG a nova convocatoria da bolsa de interinos.

O prazo para a inscrición é de 15 días hábiles; empeza mañá día 29 de abril e rematará o día 20 de maio de 2026.

A solicitude deberá facerse a través da OPAX. No proceso de inscrición, tamén a través da OPAX, poderá pagarse a taxa de forma electrónica. Para a presentación da instancia é necesario dispor dun certificado dixital (DNI electrónico, tarxeta de identificación de persoal ao servizo da Administración de xustiza en Galicia ou outro que se considere válido pola Administración da Comunidade Autónoma de Galicia).

O pagamento da taxa (que ascende a 18,40 euros) pode realizarse de dúas formas: 

De forma electrónica desde a aplicación OPAX, no momento da sinatura e da presentación da solicitude, seguindo os pasos na OPAX para o proceso de pago on line. Finalizado correctamente o proceso de pagamento debe finalizarse o procedemento de inscrición presentando a solicitude.

De forma presencial nas entidades financeiras autorizadas. Para tal efecto, poderá descargar o impreso na páxina web da Axencia Tributaria de Galicia (Consellería de Facenda e Administración Pública), epígrafe «Cidadáns» premendo na epígrafe «Pagamento de taxas e prezos», «Iniciar taxa», e optará ou ben por descargar o modelo en branco ou por cubrilo informaticamente. Unha vez feito o pagamento presencial, deberá accederse á solicitude en OPAX e achegar o xustificante. 

Están exentas do pagamento da taxa: 

– As persoas con discapacidade igual ou superior ao 33 %.
– As persoas que sexan membros de familias numerosas clasificadas na categoría especial.

Están exentas do pagamento do  50 % do importe:

– As persoas que sexan membros de familias numerosas clasificadas na categoría xeral.
– As persoas que figuren como demandantes de emprego desde, polo menos, os seis meses anteriores á data da presentación da solicitude e non estean a percibir prestación ou subsidio por desemprego.
– As vítimas do terrorismo,

Presentada a solicitude, non se pode modificar, pero pode presentarse dentro do prazo de presentación de instancias unha nova solicitude. Nese caso só será válida a última solicitude presentada.

Os funcionarios que xa forman parte das actuais bolsas, aínda que estean a traballar neste momento, teñen tamén que presentar a solicitude se queren seguir formando parte das bolsas. A Administración non vai incluir a estes funcionarios de oficio.


Se queres máis información:





Se tes algunha dúbida, contacta con algún delegado de STAJ. Axudarémosche encantados.


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras