martes, 17 de marzo de 2026

Requisitos bolsas de interinos

O persoal aspirante a formar parte das bolsas deberá reunir, na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes, os seguintes requisitos:

Requisitos xerais:

a) Ter a nacionalidade española.

b) Ter cumpridos 16 anos de idade e non ter alcanzada a idade máxima de xubilación forzosa.

c) Non ter sido condenado/a por delito doloso a penas privativas de liberdade maiores de tres anos, a menos que se obtivese a cancelación de antecedentes penais ou a rehabilitación.

d) Non ter sido inhabilitado/a para o exercicio das funcións públicas, salvo que fose debidamente rehabilitado/a.

e) Non ter sido separado/a, mediante expediente disciplinario, do servizo dunha Administración pública, bardante que fose debidamente rehabilitado/a.

f) Non estar incurso/a en causa de incompatibilidade para o exercicio da función pública na Administración de xustiza.

g) Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas propias do corpo. A este respecto, se considerará que existe esta capacidade cando se poida acadar mediante a adopción dos axustes razoables adecuados para as persoas con discapacidade.

h) Non ter a condición de persoal funcionario de carreira ou de persoal laboral fixo.

i) As persoas solicitantes deberán pagar a taxa que estea vixente no momento de presentar a solicitude.

Requisitos específicos:

a) Titulación. Deberá posuír, ou estar en condicións de obter, a titulación que se esixiu na última convocatoria publicada no BOE para acceder como persoal funcionario de carreira ao corpo de que se trate:

- Para o corpo de xestión : título de grao, licenciatura universitaria, diplomatura  universitaria, enxeñaría técnica, arquitectura técnica ou equivalente.

- Para o corpo de tramitación : título de bacharelato ou titulación equivalente.

- Para o corpo de auxilio xudicial: título de graduado/a en educación secundaria obrigatoria ou titulación equivalente.

b) Para a inclusión nos corpos de xestión procesual e mais de tramitación deberá acreditarse a experiencia na utilización do procesador detratamento informatizado de textos.

c) O persoal integrante das bolsas que teña recoñecida a condición legal de discapacidade deberá acreditar,na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes, a compatibilidade para o desempeño das funcións que corresponden ao corpo que se presenta mediante certificado ou informe expedido para o efecto polo órgano competente.

Ver resolución DOG


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras