Baremación
bolsa de interinos:
O persoal aspirante que
reúna as condicións establecidas nos artigos anteriores será seleccionado e
ordenado na correspondente bolsa en función da baremación dos seus méritos á
data da publicación da convocatoria ou da resolución de apertura de novas
solicitudes de inscrición ás bolsas.
Valoraranse
e baremaranse os seguintes méritos:
1º.
Probas de acceso:
a) Superación de exercicios
das últimas oposicións finalizadas polo sistema xeral de acceso libre
realizadas para o corpo a que se opta, concepto polo cal se poderá obter unha
puntuación máxima de 24 puntos:
-
Para o corpo de xestión: 5 puntos por cada
exercicio superado da última oposición.
Puntuación máxima: 15
puntos.
-
Para o corpo de tramitación procesual e administrativa:
5 puntos por cada exercicio superado da última oposición. Puntuación máxima: 15
puntos.
-
Para o corpo de auxilio xudicial: 8 puntos
por cada exercicio superado da última oposición. Puntuación máxima: 16 puntos.
-
Para todos os corpos: 3 puntos por cada
exercicio superado na penúltima oposición.
Puntuación máxima: 9 puntos.
b) Superación de exercicios
doutras oposicións da Administración de xustiza, concepto polo cal se poderá
obter unha puntuación máxima de 5 puntos:
-
Por calquera exercicio superado nas tres
últimas oposicións finalizadas dos distintos corpos da Administración de
xustiza, excepto se xa se valorou conforme o disposto na anterior letra a): 1
punto.
Puntuación
máxima desta epígrafe 1º: 29 puntos.
2º.
Tempo de servizos prestados nos corpos de xestión procesual e administrativa,
tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial:
-
0,25 puntos por cada mes completo de servizo
como persoal funcionario interino da Administración de xustiza naquel corpo
funcionarial onde solicite ser incluído.
-
0,15 puntos por cada mes completo de servizos
como persoal funcionario interino da Administración de xustiza nun corpo
funcionarial superior a aquel onde solicite ser incluído.
-
0,10 puntos por cada mes completo de servizos
como persoal funcionario interino da Administración de xustiza nun corpo
funcionarial inferior a aquel onde solicite ser incluído.
Puntuación
máxima desta epígrafe 2º: 40 puntos.
3º.
Coñecemento da lingua galega:
-
Certificado Celga 4 ou equivalente: 6 puntos.
-
Curso de linguaxe xurídica de nivel medio: 12
puntos.
-
Curso de linguaxe xurídica de nivel superior:
18 puntos.
Puntuación
máxima desta epígrafe 3º: 18 puntos.
Só se valorará o curso de
maior nivel dos presentados. Tampouco se lles valorarán os cursos de iniciación
e perfeccionamento aos solicitantes que acrediten o curso básico de linguaxe
xurídica.
4º.
Formación complementaria:
Cursos de formación, con
contido principal de carácter xurídico e curso de formación en informática
relacionados coa Administración de Xustiza: 0,010 puntos por hora lectiva, ata
un máximo de 4 puntos.
Puntuación
máxima desta epígrafe 4º: 4 puntos.
Para ser valorados os cursos
deben reunir os seguintes criterios de valoración:
a) Non se valorarán os
cursos cunha antigüidade superior aos 5 anos.
b) Os cursos de igual ou
similar contido só se computarán unha vez e non se valorarán outros cursos da
mesma área de coñecemento coa mesma ou similar denominación ou o mesmo ou
similar contido, aínda que se trate de convocatorias diferentes.
c) Non se valorarán os
cursos respecto dos cales non conste o número de horas, os de duración igual ou
inferior a 10 horas lectivas, nin os derivados de procesos selectivos, diplomas
de participación en xornadas, simposios, seminarios e similares.
d) Só se computarán os
cursos recibidos e acreditados, homologados ou impartidos polo Ministerio de
Xustiza ou consellerías competentes en materia de xustiza, polo ministerio e
consellerías competentes en materia de educación, polo Sistema universitario
español, polo Instituto Nacional da Administración Pública ou polos órganos
competentes en formación das comunidades autónomas, por outros axentes
promotores dentro do marco do Acordo de formación para o emprego ou polos
servizos públicos de emprego.
5º.
Titulación académica:
a) Pola licenciatura en
Dereito ou polo grao en Dereito cun máster con contido de carácter xurídico en
Dereito: 6 puntos.
b) Polo grao en Dereito: 5
puntos.
c) Pola licenciatura en
Ciencias do Traballo, Ciencias Políticas e da Administración, Criminoloxía ou
polo grao en Ciencias do Traballo, Ciencias Xurídicas e das Administracións
Públicas, Ciencias Políticas e da Administración, Relacións Laborais e Recursos
Humanos ou en Criminoloxía cun máster relacionado cos contidos do
correspondente grao: 4 puntos.
d) Polo grao en Ciencias do
Traballo, Ciencias Xurídicas e das Administracións Públicas, Ciencias Políticas
e da Administración, Relacións Laborais e Recursos Humanos ou en Criminoloxía:
3 puntos.
e) Pola superación dos tres
primeiros cursos da licenciatura en Dereito ou pola obtención de 180 créditos
de grao en Dereito: 2 puntos.
f) Por outras licenciaturas
ou graos cun máster relacionado cos contidos do correspondente grao: 1 punto.
g) Por outras diplomaturas,
graos, título universitario oficial de Mestre, Arquitectura Técnica ou
Enxeñaría Técnica: 0,5 puntos.
Puntuación
máxima desta epígrafe 5º: 6 puntos.
2. No suposto de empate,
desfarase pola maior puntuación obtida seguindo a orde establecida neste
artigo. De continuar o empate, terase en conta a puntuación obtida no primeiro
exercicio das últimas oposicións realizadas para o corpo a que se opta, e, na
súa falta, ou de persistir o empate, observarase a prioridade alfabética
comezando pola letra correspondente á última oferta de emprego para os corpos
da Administración de xustiza.