martes, 22 de septiembre de 2026

Reunión comisión de interinos e outras novas de interese

No día de hoxe tivo lugar a segunda reunión da comisión paritaria entre a Administración e as Organizacións sindicais, referente as bolsas de interinos.

Entre os puntos que se trataron, destacamos os seguintes, que nos comunica a DXX:

- Publicación:O vindeiro venres 25 de setembro, se non hai imprevistos, vanse publicar as listaxes definitivas da nova bolsa de interinos.

- Chamamentos: De ser así, os chamamentos do mércores día 30 de setembro faranse xa pola nova bolsa :

- SMS: A DXX mandará sms, para saber se esta preseleccionado, o non envió deste sms, non exclue de entrar no OPAX e aceptar a praza para a que foches seleccionado.

-Formación: Tan pronto se incorporen ao posto de traballo.

- O número de membros nas novas bolsas por corpos e por provincia que nos facilita a DXX son os siguintes:

A Coruña
Xestión 281
Tramitación 381
Auxilio 659

Lugo
Xestión 82
Tramitación 126
Auxilio 191

Ourense
Xestión 68
Tramitación 98
Auxilio 148

Pontevedra
Xestión 191
Tramitación 320
Auxilio 517

- O número de excluidos que nos facilita a DXX son 316

- TeletraballoSTAJ, reiteralle a necesidade dunha mesa de traballo para regular o teletraballo, o cal non contestan, so que darán traslado o Director xeral.

- Concurso de traslados: A DXX, informanos que non hai novedades.

- Prazas ofertadas procesos selectivos: Respecto as prazas que ofertarán nos distintos procesos selectivos, a DXX manifesta que por ahora o Ministerio non lles pediu que lles mandasen as prazas.


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras