STAJ confirma que o Ministerio de Xustiza estableceu o 31 de outubro para que todas as Xerencias do seu territorio e as Comunidades Autónomas lles remitisen as prazas vacantes do seu territorio para convocar, de momento sen data oficial de publicación, o concurso de traslados.
Cónstanos que varias Comunidades Autónomas e tódalas Xerencias nas distintas CCAA do Territorio Ministerio recibiron esa comuncación.
Sen embargo a Dirección Xeral, a preguntas de STAJ sobre se tamén recibiu esa comunicación e sobre as prazas que se va ofrecer en Galicia aos aprobados do proceso selectivo 64/2024, respondeu con este correo electrónico:
En resposta á súa consulta, informamos que o Ministerio non solicitou á Dirección Xeral de Xustiza nin as prazas para a convocatoria do concurso de traslados nin as prazas para o proceso selectivo.
Seguiremos informando
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras