miércoles, 18 de marzo de 2026

Funcionamento das bolsas de interinos de xustiza, corpos xerais

Remitimos un breve resumo do funcionamento da nova bolsa de interinos, no que incluimos as principais novedades na nova bolsa. A Dirección Xeral de Xustiza elaborou esta norma sen negociación real coas Organizacións sindicais que representan aos funcionarios da administración de Xustiza. Ademais elimina o control dos sindicatos no seguemento da bolsa ao desaparecer a comisión de seguemento.

Ante as medidas tan negativas para os funcionarios interinos e para o correcto desenvolvemento do traballo na Administración de Xustiza que propuña a Dirección Xeral de Xustiza, todas os sindicatos con representación abandonamos a mesa sectorial de negociación desta normativa. Non houbo negociación real desta norma, senón que a Dirección Xeral impuxo o seu criterio, contrario en moitos aspectos importantes ao defendido polos representantes dos traballadores, como a nova esixencia de pago de taxa para inscribirse nas bolsas.

Un cambio importante é que se formará unha bolsa de ámbito provincial para cada un dos corpos de persoal, polo que deixan de existir as tres bolsas por corpo (traballo, reserva e baremados). 

Por outra parte, as persoas integrantes da bolsa que prestan como mínimo durante un ano e teñan que cesar pasarán a ocupar a última posición na bolsa durante catro meses, transcorrido ese tempo volverán automáticamente a posición que lle correspondía orixinariamente na bolsa.

Isto supón un grave perxuízo para o persoal interino, porque na práctica, ainda que teñan moita experiencia, pasarán ao último posto na lista despois de traballar un ano. Tendo en conta que a lista é única, na práctica significa a imposibilidade de traballar en catro meses, obrigando a facer uso da prestación por desemprego durante ese tempo,

Outro dos aspectos que consideramos moi negativos da nova normativa é que en todo caso, cando se cumpra o prazo de 3 anos dende o nomeamento verase na obriga de cesar.

Unha novedade importante no funcionamento das bolsas é a posibilidade da apertura das bolsas. As bolsas poderán abrirse e, durante o periodo de apertura, poderanse actualizar os méritos, solicitar a incorporación de novas persoas á bolsa ou solicitar o cambio de corpo, provincia ou zona de preferencia. A norma non di cada canto se abrirán nin en qué casos.

Só se poderá estar incluído nunha bolsa provincial e nunha zona de preferencia.

Para formar parte dos corpos de xestión e tramitación deberá acreditarse experiencia do procesador de tratamento informatizado de textos.

O persoal aspirante que reúna as condición será ordenado na correspondente bolsa en función da baremación.

Aqueles integrantes das bolsas que non teñan seis meses de servizos efectivos como persoal interino no respectivo corpo dentro dos últimos cinco anos terán a obriga da realización dun curso de formación.

Os aspirantes que non teñan polo menos, seis meses de servizos efectivos no respectivo corpo  nos últimos cinco anos serán considerados interinos en prácticas cunha duración de catro meses finalizado emitirase informe sobre o seu rendemento. Unha vez superado quedará integrado con carácter definitivo na bolsa correspondente.

O procedemento de selección, chamamento e aceptación das prazas ofertadas será telemático en tres fases:

            -Os mércores anuncios de prazas, e relación de persoas seleccionadas.

            - As persoas incluídas na relación de preseleccionadas disporán  ata as 14 do día hábil seguinte para comunicar a súa aceptación. Terán a obriga de aceptar todas a prazas da súa zona.

            -Os luns seguinte publicarase a relación de prazas e as persoas que resultaron seleccionadas.

Todo o procedemento anterior realizarase a través do OPAX.

As persoas seleccionadas, disporán dun prazo máximo de tres días hábiles para tomaren posesión.

Cando se provexa definitivamente a vacante, se incorpore o titular  ou finalice a necesidade  que motivou o seu nombramiento, o interino/a cesará.

Agora ca entrada das rpts, o chamamento do interino é para unha praza concreta co cal ao reincorporarse o titular é precisamente el quen ten a obriga de cesar independientemente do tempo que leve ocupando esa praza con respecto os demais interinos.

Cuando a persoa non acepta o seu nomeameneto para un posto da súa zona entenderase que renuncia ao nomeamento quedando excluido da bolsa.

En todo caso dende STAJ estudaremos a posibidade de impugnar esta Orde.

Suspensión nas bolsas: Pódese solicitar nos seguintes casos:

Incapacidade temporal xustificada por certificado médico.

Maternidade, se a renuncia se produce entre o quinto mes de embarazo e o fin do período de permiso.

Coidado de fillos menores de tres anos ou de familiar que non se poida valer por si mesmo acreditando a convivencia.

Adopción ou acollida, si a renuncia se produce durante o período de acollida.

Mulleres víctimas de violencia de xénero.

Actividade profesional no sector público ou privado. Só se poderá exercer a suspensión por unha vez.

Cando desaparezca a causa de suspensión comunicarase electrónicamente no prazo máximo de cinco días hábiles para solicitar a reincorporación a bolsa respectiva.

Ver resolución DOG


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras