lunes, 27 de abril de 2026

Instruccións toma de posesión e ceses Concurso de traslados Fase I

Publicouse na intranet de Xustiza e na páxina web da Consellería de Xustiza a Instrución sobre ceses e tomas de posesión derivada da resolución definitiva do concurso de traslados convocado por Resolución do 27 de outubro de 2025, relativo ás localidades da Fase I da implantación dos Tribunais de Instancia.

O persoal funcionario titular que obtivo praza no concurso cesará no seu anterior destino definitivo e máis no destino que, no seu caso, ocupe en substitución ou comisión de servizos nas seguintes datas:
• Tramitación Procesual e Administrativa: o 08/05/2026
• Xestión Procesual e Administrativa e Auxilio xudicial: o 12/05/2026

O persoal adxudicatario de prazas na mesma localidade onde presta servizo disporá de 3 días
hábiles para a súa incorporación ao novo destino, de 8 días hábiles se hai cambio de localidade, e de 20 días hábiles ou dun mes, segundo a comunidade de procedencia.

Tanto os ceses como as tomas de posesión realizaranse preferentemente de xeito telemático, a través do correo electrónico do Servizo de Xustiza do Departamento territorial correspondente, para o que a persoa interesada poñerase encontacto co servizo de xustiza da provincia competente para tramitar o cese ou a toma de posesión a través do correo electrónico.

Departamento Territorial da Coruña (Servizo de Xustiza)
Rúa Vicente Ferrer, 2. Edificio Administrativo Monelos.
15008 A Coruña
Tlfno. 981 184 472/981 184 456
Correo electrónico: servizo.xustiza.coruna@xunta.gal

Departamento Territorial de Lugo (Servizo de Xustiza)
Ronda da Muralla, nº 70.
27071 Lugo
Tlfno. 982 294 308/982 889 077
Correo electrónico: persoal.presidencia.lugo@xunta.gal

Departamento Territorial de Ourense (Servizo de Xustiza)
Avenida da Habana, nº 79.
32004 Ourense
Tlfno. 988 386 004 / 988 386 016
Correo electrónico: sxsal.xustiza.ourense@xunta.gal

Departamento Territorial de Pontevedra-Vigo (Servizo de Xustiza)
Rúa Concepción Arenal, nº 8, 4º andar
36201 Vigo (Pontevedra)
Tlfno. 986 817 716/986 817 006
Correo electrónico: servizoxustiza.vi@xunta.gal

- Respecto ao trámite da toma de posesión, no dito correo deberá indicar a data na que ten previsto tomar posesión no novo destino, co seguinte formato: 
□ DNI: 
□ Apelidos e Nome:
□ Corpo: 
□ Novo destino: 
□ Data prevista da toma de posesión:
□ Teléfono de contacto: 
□ Enderezo electrónico de contacto: 

- O servizo de persoal remitiralle por correo electrónico 1 exemplar do modelo de cese ou toma de posesión, que deberá asinar con certificado dixital, remitíndoo de forma inmediata ao correo electrónico do dito servizo xunto coa posible documentación que, segundo se lle indique, deba achegar a persoa funcionaria. No caso de que non se conte con sinatura dixital, deberá remitir o modelo de cese ou toma de posesión escaneado de forma inmediata ao correo electrónico do servizo e deberá remitir a documentación orixinal por correo ordinario ao enderezo do departamento territorial que se indica neste punto.



STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras