No DOG de hoxe publícase a RESOLUCIÓN
do 29 de febreiro de 2024 pola que se convocan as actividades de
formación continua para o persoal ao servizo da Administración xeral da
Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais do sector
público autonómico e da Administración institucional.
Prazo de presentación de
solicitudes: será de dez (10) días naturais desde o día
seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
As solicitudes de participación
nas actividades formativas só se poderán realizar mediante o formulario de
matrícula telemática dispoñible no enderezo https://egap.xunta.gal/matricula ,
desde as 9.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e
ata as 14.00 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse
presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.
O número máximo de cursos
que se poden solicitar durante o prazo de presentación de solicitudes limítase
a cinco.
Cursos específicos para funcionarios da Administración de Xustiza: