miércoles, 24 de julio de 2024

DOG: Festas laborais da Comunidade Autónoma de Galicia para 2025

No Dog de hoxe publícase o decreto 171/2024, do 8 de xullo, polo que se determinan as festas da Comunidade Autónoma de Galicia do calendario laboral para o ano 2025.

Estas festas laborais son de ámbito estatal, de carácter retribuído e non recuperable. Respecto dalgunhas destas festas de ámbito estatal as comunidades autónomas teñen facultades de opción e tamén poderán substituír, cando haxa festas estatais que coincidan con domingo, incorporando outras da comunidade autónoma que lles sexan tradicionais.

Festas laborais da Comunidade Autónoma de Galicia para 2025

De non se producir modificacións no calendario laboral de carácter estatal, as festas laborais no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025 serán as seguintes:

1 de xaneiro

Aninovo

6 de xaneiro

Epifanía do Señor (Día de Reis)

17 de abril

Xoves Santo

18 de abril

Venres Santo

1 de maio

Festa do Traballo

17 de maio

Día das Letras Galegas

25 de xullo

Día Nacional de Galicia

15 de agosto

Asunción da Virxe

1 de novembro

Todos os Santos

6 de decembro

Día da Constitución Española

8 de decembro

Inmaculada Concepción

25 de decembro

Natividade do Señor

As festas mencionadas terán carácter obrigatorio e non recuperable.

Festas locais:

Tamén serán inhábiles para o traballo, retribuídas e non recuperables, dúas festas locais, propostas polo órgano municipal competente dos respectivos concellos, cuxa publicación no boletín oficial de cada unha das provincias da comunidade autónoma. As ditas festas locais publicaranse, así mesmo, no Diario Oficial de Galicia.

Ver DOG

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras