martes, 30 de enero de 2024

NORMATIVA SOBRE XORNADA E HORARIO: NOVIDADES

Despois de varios borradores xa temos o texto definitivo polo que se vai a regular os horarios e o calendario laboral das oficinas da Administración de Xustiza en Galicia para o ano 2024, texto que recolle moi poucas melloras das propostas por este sindicato, e aínda que a Adminsitración, de entrada, se mostrou favorable a moitos delas, durante o proceso de negaciación rexeitounas .

A  falla do informe favorable do Consello Xeral do Poder Xudicial e a posterior publicación no DOG, as NOVIDADES que encontramos son:

Parte flexible do horario de INVERNO: distribuirase, á elección do/a empregado/a público, ata alcanzar o tempo de traballo mensual previsto no anexo desta resolución e poderase cumprir, de luns a venres, entre as 7.30 e as 9.00 horas e entre as 14.00 e as 20.00 horas.

Compensaciones horarias.:”No caso dos xulgados exclusivos de violencia sobre a muller, previa certificación do letrado/a acreditando que se debe a actuacións urxentes, computarase cada hora traballada entre as 15:00 e as 22.00 horas de luns a venres, como dúas horas efectivas, ou a parte proporcional correspondente”.

Vacacións: As vacacións gozaranse en períodos mínimos de cinco días hábiles consecutivos, dentro do ano natural e ata o 31 de xaneiro do ano seguinte.

Sen prexuízo do anterior, e sempre que as necesidades do servizo o permitan, sete dos días de vacacións poderán gozarse de xeito independente.

Estes sete días poderán acumularse, sempre que as necesidades do servizo o permitan, aos días de asuntos particulares. 

Flexibilización do horario fixo da xornada diaria.:

-Ter fillos ou fillas ou persoas acollidas menores de idade.

-No suposto de que o cumprimento da maioría de idade se produza antes da finalización do curso escolar, a persoa interesada poderá solicitar a súa prórroga con motivación da súa petición.

-A persoa empregada pública manterá a flexibilidade horaria por conciliación familiar aínda que cambie de posto de traballo, sempre que o permitan as necesidades do servizo do novo posto.

Adaptación progresiva da xornada de traballo ordinaria: O persoal funcionario que se reincorpore ao servizo efectivo á finalización dun tratamento de radioterapia, quimioterapia ou outros tratamentos de especial gravidade poderá reducir nos trinta días seguintes a súa xornada nunca porcentaxe do 50% da duración da xornada diaria, preferentemente na parte flexible, que considerará como tempo de traballo efectivo, e poderá ampliarse noutros trinta días, logo de valoración polo órgano competente. A solicitude irá acompañada da documentación que achegue a persoa interesada para acreditar a existencia desta situación, e a Administración deberá resolver ao respecto nun prazo de tres días, sen prexuízo de que para comprobar a procedencia desta adaptación a Administración poida reclamar informes do Servizo de Prevención de Riscos Laborais, ou de calquera outro órgano que considere oportuno, sobre o tratamento recibido ou as actividades de rehabilitación que lle foron prescritas.

Ver Proposta Calendario Laboral 2024

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras