jueves, 14 de diciembre de 2023

Ampliación do goce de vacacións e permisos por asuntos particulares ata o 29 de febreiro de 2024

Acabamos de recibir o seguinte email da Dirección Xeral de Xustiza:

O artigo 503.1 da Lei Orgánica do Poder Xudicial recoñece aos funcionarios dos Corpos Xerais e Especiais da Administración de Xustiza o dereito a iguais permisos e coa mesma extensión que os establecidos na normativa vixente aplicable aos funcionarios da Administración Xeral do Estado, con excepción do permiso por asuntos particulares que terá unha duración de nove días. Neste ano 2023 diversas circunstancias acontecidas, como a implantación da nova plataforma adaptado ao modelo de rexistro civil, DICIREG, ou a folga do corpo de letrados, ocasionou unha acumulación de días de vacacións e asuntos particulares pendentes de gozar, así, a petición das organizacións sindicais e tras negociación no marco da Mesa sectorial de Xustiza, 

ACORDO: - 

Ampliar o período de goce ata o 29 de febreiro de 2024 das vacacións e días de permiso por asuntos particulares correspondentes ao ano 2023 para o persoal funcionario dos corpos xerais ao servizo da Administración de Xustiza en Galicia.  



STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras