Onte celebrouse a reunión do Comité de Seguridade e Saúde laboral, deixámosvos os puntos máis importantes que se trataron nela segundo a seguinte orde do día:
1. Información sobre actuacións, obras, gas radón, e outros.
2. Programación actividades prevención 2026.
3. Acordo sobre actuacións conxuntas a adoptar na Administración de Xustiza por activación de protocolos de calquera tipo de acoso laboral estando afectada máis dunha Administración Pública.
4. Rogos e Preguntas.
A reunión comezou por parte da Xunta enumerando as diferentes obras que foron efectuadas, as que se están realizando e as previstas para as diferentes localidades por provincias. Darannos traslado dá listaxe para ou seu coñecemento coas actuacións realizadas ou a realizar en cada localidade.
Obras pendentes de executar: Cabana de Bergantiños, Malpica, Laraxa, Ponteceso, Camariñas, Vimianzo e Zas.
CLIMATIZACIÓN E CONDICIÓNS TÉRMICAS: Son conscientes do problema existente coa climatización dos edificios e avaliarán cada situación concreta. Para resolver os problemas derivados da calor crean unha vía interna de actuación establecendo un protocolo coas Delegacións de cada provincia. En primeiro lugar é o/a Letrado/a responsable de cada sitio afectado o que debe dar traslado á delegación correspondente, sendo esta a que activa o protocolo, enviando ao servizo de mantemento para que realicen 3 medicións ao día e así poder comprobar se se excede do límite legal de 27 graos. Se este límite supérase, tomaranse as medidas urxentes necesarias que sinala a guía de climatización, (colocación de estores, pingüíns). Darémosvos esta guía de climatización cando nola envíen.
GAS RADON: Unha vez máis volven dicirnos que aínda non nos poden trasladar os datos solicitados para poder facelos públicos, manifestan que as mostras obtidas deben de ser contrastadas con certos parámetros debido ás grandes diferenzas existentes. Seguen manifestando que non son datos alarmantes nin preocupantes.
ARQUIVOS: O Director xeral neste tema di que os problemas de espazo nos arquivos e o traslado de expedientes poden ser arranxados se o/a Laj correspondente solicítao, dado que necesitan a autorización xudicial para a súa retirada. Respecto ao traslado das pezas de convicción hai dúas vías: 1) mediante a apertura dun expediente gobernativo ou 2) un procedemento de dilixencias previas, sendo esta segunda opción menos recomendable por ser un proceso máis arduo ao ter que dar traslado ás diferentes partes.
O antigo edifico xudicial de Vigo, situado a rúa Lalín, utilizarase como arquivo autonómico, estando previstas obras de rehabilitación por fóra e en zonas concretas no interior. Albergará expedientes de localidades como Tui, Santiago, Betanzos e outras localidades colapsadas.
SISTEMAS DE AUDICIÓN: Licitouse unha subministración de 67 unidades magnéticas para mellorar a audición a persoas con problemas deste tipo.
Trátase de dispositivos portátiis e serven para reducir as interferencias e o eco en diferentes localizacións como por exemplo nas salas de vistas e oficinas de atención ao cidadán. Instalaranse en todos os Tribunais de Instancia, sendo o número estimado de 3 ou 4 aparellos dependendo do tamaño da localidade.
Acordo sobre actuacións conxuntas a adoptar na Administración de Xustiza por activación de protocolos de calquera tipo de acoso laboral estando afectada máis dunha Administración Pública: Facilitáronnos un borrador para facer alegacións no prazo de 10 días.
Noutra orde de temas:
-Teñen previsto reforzar o sistema de seguridade do edificio xudicial de Santiago de Compostela mediante adecuación e instalación de máis cámaras de control.
-Tamén nos comunican que se mellorará o pavimento dos edificios do TSX de Galicia na Coruña e a Audiencia Provincial de Ourense, realizarase un itinerario adecuado e adaptado ao público.
-Os cambios no mobiliario iranse facendo en función das medidas correctoras que se derivan das avaliacións de riscos.
Respecto ás peticións de STAJ:
-Solicitamos que se realice unha avaliación de riscos psicosociais en todos os Tribunais de Instancia de Galicia tras a súa implantación para poder valorar os problemas de forma máis exhaustiva.
-En relación ás temperaturas extremas que se alcanzaron recentemente nesta Comunidade Autónoma, reiteramos a necesidade de tomar unha solución a longo prazo e non de forma momentánea e esporádica, como se pretende coa mera distribución de ventiladores, lembrándolle neste punto á administración que é a súa responsabilidade adecuar os espazos de traballo sendo ilegal superar os 27 graos en oficinas e despachos.
-Gas Radon: Expoñemos o noso malestar por seguir recibindo longas por parte da DXX neste tema, seguimos sen ter os datos obtidos das medicións efectuadas. Lembrámoslle á administración que o radon é un tema moi serio que produce enfermidades tan graves como é o cancro de pulmón e que non vale cunha simple ventilación como medida correctora.
-Teletraballo: Volvemos manifestar a urxente necesidade da regulación do teletraballo na administración de xustiza, sendo un instrumento necesario e que facilitaría a adaptación ás condicións térmicas que se van a producir nos próximos meses coas novas ondas de calor.
-Poñemos de manifesto o problema da altísima electricidade estática existente na Fiscalía de Menores da Coruña, a cal xera fortes descargas aos compañeiros alí destinados, requirindo que se revise a toma a terra por parte do persoal de mantemento de forma urxente.
Tamén vos deixamos a continuación como documento adxunto información sobre baixas por IT e xubilacións anticipadas na Administración de xustiza en Galicia de todos os corpos.