lunes, 25 de enero de 2021

COVID-19: Galicia acorda novas restrincións.

STAJ ANTE AS NOVAS RESTRINCIÓNS E O AVANCE DOS CONTAXIOS, REITERA A SÚA SOLICITUDE DE ACORTAMENTO DE HORARIO, FOMENTO DO TELETRABALLO, TRABALLO PRESENCIAL POR QUENDAS NOS CENTROS ONDE NON SE CUMPRAN AS DISTANCIA DE SEGURIDADE E DEMÁIS MEDIDAS, EXTREMAR A LIMPEZA E DESINFECCIÓN, USO DE MASCARAS FFP2 PARA TODO O PERSOAL E SUSPENSIÓN DE ACTUACIÓNS E DE XUIZOS NON URXENTES NIN INAPRAZABLES. 


Novas restricións aprobadas pola Xunta para toda Galicia que entran en vigor ás 00:00 do mércores 27 de xaneiro:

- Durarán tres semanas como mínimo, do 27 de xaneiro ao 17 de febreiro.

 - Reunións sociais limitadas a só conviventes.

- A mobilidade redúcese ao propio concello.

- O toque de queda mantense (22 h).

Sanidade: seguen interrompidas as visitas aos enfermos excepto para cuestións de dependencia.

Educación: as universidades non renovarán as súas clases ata o 8 de febreiro e a primeira semana as clases serán en liña exclusivamente e a partir do 17 de febreiro tentarase retomar a educación presencial.

Comercio: só o esencial. O resto pechará ás 18 h. Os centros comerciais pecharán as fins de semana.

Hostalería: o peche será total. Só haberá servizo a domiclio, comida para levar e comedores de empresas.

Deporte: péchanse os ximnasios, só se permite o deporte individual ao aire libre. Sempre haberá que usar a máscara nos deportes individuais ao aire libre, mesmo para correr. Mantense a excepción das competicións federadas nacionais e internacionais, pero segue suspendida a autonómica polo menos as tres próximas semanas.

Cultura: Pechan museos, bibliotecas e espectáculos. Tamén os centros sociais.

Residencias: só permanecerán abertas as residencias e os centros de días. Clubs de xubilados e similares, pechan


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras