Desde STAJ tivemos coñecemento de que a Mutualidade Xeral Xudicial volcou os datos dos mutualistas no Servicio Nacional de Saúde para que a vacinación dos funcionarios de MUGEJU se faga ao mesmo tempo que o resto da poboación pertencente á Seguridade Social e na fase e tramo que nos corresponda. A vacina será administrada pola Administración sanitaria competente, que en Galicia é o SERGAS.
Lembramos que, aqueles que non teñades os datos actualizados, deberedes actualizalos o antes posible a fin de que poidan ter unha correcta identificación a través dos datos de contacto e domicilio de cada mutualista da MUGEJU.
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras