lunes, 10 de febrero de 2014

Prorróganse por seis meses as medidas de reforzo polo accidente do tren en Santiago.


A Comisión Permanente do Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ) acordou prorrogar outros seis meses as medidas de reforzo coas que conta o Xulgado de Instrución número 3 de Santiago, que instrúe a causa aberta polo accidente do Alvia ocorrido en Angrois o 24 de xullo.
Na súa reunión deste martes, a Permanente aprobou a proposta cursada o pasado 10 de xaneiro pola Sala de Goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), na que se solicitaba que se renovasen, por igual periodo e nas mesmas condicións, as medidas de reforzó que xa estaban en marcha.
Para atender o incremento de traballo do Xulgado, derivado da instrución desta causa, prorrogouse a adscripción permanente dunha xuíza sustituta a este órgano.
Ademais, pediuse ao Ministerio de Xustiza que prorrogue o nomeamento dun secretario xudicial en comisión de servizo e á Consellería de Presidencia que renove o de cinco funcionarios.-
Informou Europa Press