martes, 11 de febrero de 2014

A Nova Oficina Fiscal ¿unha realidade xa?.

Parece ser que este ano a DXX ten pensado acometer a reforma e creación da nova Oficina Fiscal, resumímosvos a continuación de que se trata e para maior información vos achegamos un documento detallado sobre a Nova Oficina Fiscal.

Os principios inspiradores do novo modelo serán basicamente os seguintes:

1) Creación da figura do xestor de persoal: A xefatura da oficina no aspecto organizativo ha de ser exercitada por persoal especializado dependente da Administración competente (estatal ou autonómica), con competencias directas e executivas sobre este, sen prexuízo da supervisión do Fiscal Xefe respectivo.

2) Modernización dos métodos de traballo: Deberán introducirse técnicas de xestión de persoal e de distribución de tarefas. Para iso, será preciso a implantación xeneralizada das novas tecnoloxías e de sistemas de xestión de calidade, en prol da modernización, racionalización e optimización dos medios humanos, materiais e tecnolóxicos.

3) Relación de postos de traballo. O sistema de ordenación do persoal ao servizo da Fiscalía, será a relación de postos de traballo, correspondendo á Comunidade Autónoma o deseño e aprobación destas. Estas conterán unha descrición de cales son os postos de traballo cos requisitos para o desempeño de cada un deles.

A DXX remitiunos hai un días o borrador do Decreto que establece a organización da Nova Oficina Fiscal en Galicia, negociada case en segredo cos órganos da Fiscalia e sin apenas intervención dos representantes dos traballadores, polo que en breve presentaremos, por escrito, alegacións a ese Decreto. Quedan aínda que regular as Rpts, pedra angular desta reforma.

Ver documento