lunes, 10 de febrero de 2014

Modificación do número de conta bancaria ( IBAN).

Entre o venres e o sábado o sistema de confección de nóminas, CIXTEC, remitiunos a todo o persoal de Xustiza un mail a conta de correo electrónico na que recibimos as nóminas mensuais. O mail enviado avísanos de que o número de conta onde nos ingresan a nómina, mudou por mor do novo código de conta IBAN. O número de conta segue sendo o mesmo, pero precédese das letras ES e de dous díxitos que varían.
O Cixtec no mail que nos manda xa nos informa do novo Código IBAN, pero recoméndanos que  o confrontemos coa nosa entidade bancaria, no caso de coincidir non teríamos que facer nada, si non conincidisen teremos que encher un formulario que xa nos adxuntan e remitilo antes do día 22 á Delegación/Habilitación correspondente co número IBAN correcto.