Dende o xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Chantada lévase pedindo persoal de reforzo pola Letrada da Administración de Xustiza de dito xulgado, petición que é apoiada por este sindicato sabedor da necesidade dunha persoa do corpo de tramitación procesual e administrativa, xa que este órgano leva o Decanato, Rexistro Civil e a maiores o relacionado coa prisión de Monterroso, e motivado pola carga de traballo que soporta, ademáis de que o volumen de asuntos que entran neste xulgado vai en aumento.
Por todo isto SOLICITAMOS que se dote a
este xulgado con carácter urxente dun/una funcionario/a de reforzo do corpo de
tramitación procesual e administrativa e que se consolide dito reforzo, xa que
como dixemos anteriormente, e un órgano que conta con Decanato, Rexistro Civil
e prisión, sendo insuficiente a plantilla da que se dispón actualmente.