lunes, 16 de diciembre de 2024

Teletraballo: STAJ pide o inicio da negociación da normativa en Galicia.

STAJ remitiu escrito a Dirección Xeral de Xustiza para pedir o comenzo da negociación da normativa sobre o teletraballo na Administración de Xustiza en Galicia nos termos que siguen:

Ante a inminente aprobación e publicación da Lei de Eficiencia do Servizo Público da Xustiza, que na súa Disposición Adicional Décima regula a normativa básica do teletraballo na Administración de Xustiza, normativa que se debe desenvolver nas comunidades autónomas con competencias asumidas, desde STAJ pensamos que non se debe perder mais tempo para regular definitivamente desde a Dirección Xeral de Xustiza esa modalidade de traballo, que tivo e ten moi bo acollemento entre os funcionarios/as e que deu tan bos resultados desde o punto de vista da eficacia, a eficiencia e do rendemento.

Por iso cremos que esa negociación debe comezar canto antes, mesmo antes da publicación e entrada en vigor da Lei de Eficiencia, pois o texto da súa Disposición Adicional Décima, que se vai a aprobar e publicar, xa o coñecemos, e así ter lista a regulación autonómica para que entre en vigor inmediatamente despois de publicarse a normativa básica do teletraballo que recolle a referida lei.

Por iso solicitamos o comezo das negociacións pertinentes para desenvolver a normativa básica do teletraballo en Administración de Xustiza de Galicia, e cremos que deben comezar de inmediato, para ter finalizadas as negociacións e poder publicar a normativa canto antes, unha vez publíquese e entre en vigor a Lei de Eficiencia no relativo ao teletraballo.

Xustificante de presentación