Onte presentamos unha solicitude á Dirección Xeral de Xustiza para que se negocien as bases e as condicións e se abra canto antes a convocatoria para o recoñecemento da traxectoria profesional. Segundo a Resolución do 14 de novembro de 2022, da Dirección Xeral de Xustiza, no segundo semestre de 2024 debérase abrir a convocatoria extraordinaria para o recoñecemento da traxectoria profesional do grao III, con efectos dende o 1 de xaneiro de 2025 para os Corpos de Tramitación e Auxilio Xudicial.
Solicitamos
tamén á Dirección Xeral que abran de novo as convocatorias para os graos extraordinarios I e II da
traxectoria, para evitar que se retrase o seu recoñecemento e seu pago.
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras