O artigo 40.2 da
Constitución Española encomenda aos poderes públicos, como un dos principios
reitores da política social e económica, velar pola seguridade e hixiene no
traballo. Este mandato constitucional conleva a necesidade de desenvolver unha
política de protección da saúde dos traballadores mediante a prevención dos
riscos derivados do seu traballo e atopa na Lei de Prevención de Riscos
Laborais o seu alicerce fundamental.
Os funcionarios ao servizo
da administración de xustiza, fannos chegar as súas inquietudes e malestares
pola escasa protección que ofrecen as máscaras quirúrxicas fronte a COVID-19 e
da actitude pasiva das autoridades respecto diso. Ademais e o que imos dicir, é
algo inaudito nunha Administración Pública, “os funcionarios teñen que comprar
as súas propias mascarillas para poder protexerse”.
Nas sedes xudiciais onde prestan servizos, unicamente facilítaselles mascarillas quirúrxicas (deben ter marcado CE, e cumprir a norma UNE-EN 14683:2019+AC:2019) por cada día da semana, para cubrir unha xornada laboral nunca inferior a sete horas. As mascarillas quirúrxicas están deseñadas para filtrar o aire exhalado, e a súa misión é protexer aos que están ao redor de quen a leva, pero non protexe a quen a usa, e a súa eficacia pérdese pasadas catro horas de uso, procedendo ao seu desuso.
Por
iso dende STAJ, voltamos unha vez máis (STAJ 14-10-2020), e non nos cansaremos de reiterar, a dotación
de mascarillas FFP2.
¿Para quén?. En
principio como medida precautoria dende o STAJ SOLICITAMOS para todo o persoal:
-
Destinado nas Vilas, que saen a notificar: deben aproximarse ás
persoas que están nos seus domicilios e que saen moitas veces sen ningunha
protección, polo que resulta insuficiente a máscara quirúrxica para evitar o
contaxio.
-
O persoal dos Xulgados de Paz.
-
Rexistros Civís e Persoal de atención a vítima e ao cidadán: que
están expostos de xeito continuado á presencia de persoas que, se ben é
obrigatorio que leven máscaras de protección, moitas veces lévana mal posta,
sucia e inservible, ou de tela (que están prohibidas nos propios centros
sanitarios galegos para acceder a eles) polo que o resultado é igual que se non
a levaran, co conseguinte risco que iso implica.
-
Decanatos e oficinas de rexistro e reparto.
-
Imelgas: onde poden suceder situacións tan
paradóxicas coma que os forenses se lles facilita a súa mascarilla FFP2 e os
funcionarios que alí traballan, levan mascarilla quirúrxica.
-
Persoal de auxilio que faga sala ou se movan por todos os edificios.
-
Así como, para as persoas vulnerables por ter patoloxías que poden
agravar a contracción da enfermidade da COVID: Estas persoas xa teñen
recoñecida a súa vulnerabilidade nos informes emitidos polo servizo de
prevención de riscos, nos que a súa protección debe ser mais alta (incluso está
reflectida en varios informes emitidos por este servizo) e, polo tanto, tamén
se debe dotar de máscaras FFP2.
Xa
se están dispensando nos:
- Servicios Comúns e Notificacións e Embargos (SCNE) (STAJ 10-03-2021).
Pero, ¿Por qué é
recomendable a mascarilla FFP2?.
A
Estratexia de detección precoz, vixilancia e control de COVID-19,
actualizado ao 26 de febreiro de 2021, de forma xeral, a nivel comunitario,
considera “contacto estreito a calquera persoa que estivese no mesmo lugar
que un caso positivo, a unha distancia menor de 2 metros e durante máis de 15
minutos en 24 horas”.
As recomendacións do uso de
mascarillas que figuran no procedimento
de actuación para os servizos de prevención de riscos laborais fronte á
exposición ao SARS-COV-2, actualizado ao 15 de febreiro de 2021,
están baseadas na distancia dunha persoa
sintomática de COVID-19, suposto que na organización dos actuais
xulgados non se cumpre, suxírese ás autoridades, que de cando en vez,
unha visita polos órganos xudiciais non estaría nada mal.
Segundo o Informe
do ministerio de Sanidade con información científica-técnica da
enfermidade por coronavirus, COVID-19, actualizado ao 15 de xaneiro de 2021, a
evidencia actual e as publicacións máis recentes, nas que participan epidemiólogos expertos en aerosois, indican
que todas as persoas ao falar e respirar, emiten aerosois a partir das súas
vías respiratorias e en función do seu tamaño, poden alcanzar as vías
respiratorias superiores, ou a traquea ou os
bronquios. Os aerosois que se producen ao respirar ou falar quedan
suspendidos no aire ata horas.
Por todo o anterior
conclúese que a transmisión do virus
SARS- CoV-2 debe considerarse unha vía de transmisión. O risco desta
transmisión aumenta na distancia curta, en contornas pechadas e concorridas,
especialmente mal ventiladas, e simplemente
o efecto de falar alto, como consecuencia de levar posta a mascarilla fai que aumenten
a xeración de aerosois.
Alguén pode ter un pouco de
“SENTIDIÑO” e amparar os funcionarios de xustiza. O
día 21 de xaneiro de 2021 solicitouse por este
sindicato STAJ, a URXENTE
convocatoria do Comite de
Seguridade e Saúde Laboral
de Xustiza, na que, a parte doutras
peticións, solicitouse a dotación de máscaras
FFP2 aos funcionarios da administración de xustiza, petición que a
día de hoxe non foi contestada por parte da
DXX.
Así é todo, pensamos, que é
o noso deber ser INSISTENTES COA ADMINISTRACIÓN, xa que despois de todo
o tempo que transcorreu, e en previsión dunha posible “cuarta ola”, cremos que é
razoable pedir os nosos poderes públicos, que A TODO ESE PERSOAL ANTERIORMENTE
CITADO, sexa dotado de mascarillas
tipo FFP2 con marcado CE Norma
UNE-EN149:2001+A1:2009.