miércoles, 29 de octubre de 2025

Reorganización fase III. Próximos acontecementos dentro do proceso de cambio.

Ademais das respostas por escrito que nos achegou a DXX, na reunión nos informaron de cuestións moi relevantes. A DXX comprometeuse a elaborar e publicar un texto con resposta ás dúbidas frecuentes que están a xurdir sobre o proceso de reorganización. Entre as novidades máis salientables están as seguintes:
  • Próximos acontecementos no proceso de reorganización:
    • A DXX xa enviou aos Lajs de cada órgano un formulario de excel no que indicar que funcionarios tramitan, cales executan e cales tramitan e executan.
    • Cando teñan resposta de todos os Lajs, e posiblementa ao longo da semana vindeira, van publicar a listaxe cos datos que facilitaran os Lajs, de xeito que, se algún interesado non está dacordo co que se indica sobre él ou sobre outra persoa do seu xulgado ou doutro órgano da mesma localidade, poida pedir que se corrixan os erros ou formular alegacións no prazo que se conceda.
    • Finalizado o anterior, van abrir un formulario sinxelo na OPAX para que cada funcionario responda a dúas preguntas: se opta por confirmarse ou non naquelo que comunicou o seu letrado/a e, no caso de que tramite e execute, se solicita ser confirmado en tramitación ou en execución. Débese ter en conta que a norma de reorganización só permite optar por confirmarse ou non, cando o número actual de funcionarios é superior ao número de funcionarios que quedarán no novo servizo ou área do Tribunal de Instancia, polo que, aínda que a intención actual da DXX é preguntar a todo o persoal se opta por confirmar ou non, nos casos nos que o número actual de funcionarios sexa igual ou menor do que haberá no futuro centro de destino, esa opción non vai ter efectos e unha grande parte do persoal vaise confirmar de forma automática sen opción ningunha.
    • Só para os funcionarios dos actuais xulgados de instrución de Santiago e Ourense que teñen atribuida a materia de Violencia sobre a muller, van enviar unha comunicación para que poidan facer elección entre confirmarse coa observación VSM ou coa observación GA (gardas).
    • Finalizada esta fase de elección.
  • Cambio de criterio da DXX en canto á confirmación do persoal que tramita e executa.
Como levabamos tempo a advertir, a DXX pretendía confirmar en primeiro lugar ao persoal que só tramita e ao que só executa e logo ao persoal que tramita e executa, o que iba en perxuizo do persoal que compaxina tramitación e execución. Tanto na mesa sectorial como por escrito que presentamos o pasado 15 de setembro, dende STAJ solicitamos á DXX un cambio de criterio, que no precisaba sequera cambiar a norma, de forma que o persoal que tramita e executa participase en igualdade de condicións que o persoal que só tramita ou só executa. A DXX confirmounos que accedeu á petición de STAJ, de forma que a confirmación do persoal que tramita, o persoal que executa e o persoal que tramita e executa vaise producir ao mesmo tempo. Co novo criterio, o persoal que tramita e executa manifesta a súa preferencia antes de que comecen as confirmacións e participa en igualdade co resto de compañeiros. Hai que precisar que, no caso de que non existan ocos no servizo común elixido, irían confirmados no que sí haxa ocos. Por exemplo, un xestor dun xulgado de primeria instancia que tramita e executa e solicita ser confirmado no servizo común de tramitación, pero ten pouca antigüidade e o cupo de xestores da área reservados para os funcionarios procedentes dos xulgados de primeira instancia que corresponde proporcionalmente xa está cuberto, iría confirmado no servizo común de execución a pesar de ter pedido ser confirmado no servizo común de tramitación.


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras