miércoles, 29 de octubre de 2025

Reorganización fase III: Aclaracións da DXX.

No día de onte tivo lugar unha reunión de traballo da Dirección Xeral de Xustiza coas organizacións sindicais para aclarar as numerosas dúbidas con respecto ao proceso de reorganización. 

As respostas de maior interese que recibimos ás dúbidas plantexadas por STAJ foron as seguintes:

Respecto ás proporcións para os centros de destino manifestan que nos próximos días nos remitirán as porcentaxes. Aínda que fixemos cálculos aproximados aplicando as proporcións, ao descoñecer os criterios exactos da DXX, é imposible saber con exactitude cantos funcionarios de cada órgano ou servizo actual vai quedar nas futuras áreas sen esas porcentaxes que nos van pasar. Dende STAJ pedímoslles que nos enviasen tamén o número exacto de funcionarios de xestión e de tramitación que se vai a confirmar en cada órgano, pero rexeitárono.

As persoas que se xubilen antes do 31 de decembro do 2025 non participarán no proceso de reorganización, se se xubilan o 31 de decembro ou de ahí en diante, si. Isto significa que estas prazas serán consideradas vacantes no proceso. A DXX deixou entrever que non son proclives a cubrir esas prazas por comisión de servizos ou substitución ata que non remate o proceso de reorganización.

Coñecen e teñen en conta que as persoas que se confirmen poderán negarse a realizar tarefas que non foran propias de órganos de clase á que pertenecíanEsta disposición non aplica a persoal que sexa obxeto de reordenación ou reasignación forzosa.

A antigüidade que se ten en conta na reordenación é a antigüidade no centro de destino. Significa o tempo trascorrido na clase de órgano ou servizo no que está na actualidade na localidade actual. Por exemplo, unha xestora que leva 10 anos nun xulgado de primeira instancia de Ourense ten 10 anos de antigüidade no centro de destino. Unha xestora que levaba 10 anos nun xulgado de primeira instancia e concursou a un social hai 4 meses, ten 4 meses de antigüidade no centro de destino. Para valorar a antigüedade no centro de destino, computarase en relación co destino actual, antes da reordenación.

A antigüedade no centro de destino que se lles vai computar aos que están no Servizo de apoio é o Decanato.

O persoal do servizo de apoio que participe na reordenación e que lle sexa asignado un posto, conserva o complemento do apoio incluído no CE.

Sobre a preferencia para concursar do persoal que sea reasignado forzosamente, está pendente de resposta por parte do Ministerio de Xustiza se terán preferencia no próximo concurso ou non.

Nas localidades de Ferrol e Pontevedra, con respecto as prazas de tramitación que se crean nos rexistros civís vanse a cubrir por reordenación, cambiando o criterio que utilizaron para as prazas de xestores nos rexistros civís das vilas. Din que o fan así  porque foi solicititado maioritariamente polos sindicatos, e tamén negan que os tramitadores que teñen destino nos actuáis xulgados con función de rexistro civil teñan preferencia para optar a esas prazas.

Repecto dos integrantes do corpo de Auxilio Xudicial, a intención da DXX é confirmalos a todos no Servizo Comun Xeral, menos aos do servizo de apoio que desaparece e deben ir a reordenación, e non permitir renuncias, polo que aqueles que queiran optar mediante reordenación a prazas de nova creación nas localidades nas que se crean non poderían facelo. Dende STAJ solicitamos á DXX que valoren cambiar este criterio, ao que a DXX amosouse aberta, solicitando opinión ás Organizacións sindicais.

Solo ampliarán o prazo para o disfrute de vacacións máis alá do 31 de xaneiro se fose necesario, cousa que valorarán no seu momento.

É posible que hoxe se publique a adxudicación definitiva das xefaturas do Corpo de Auxilio, de seguido as de Tramitación e a semana que ven as de Xestión, polo que xa poderían empezar as confirmacións. Din que van ben de tempo para rematar todo antes do 31 de decembro.

Van a colgar na Intranet o escalafon actualizado a agosto de 2025.

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras