Por as razóns expostas mais abaixo, STAJ solicita a CONVOCATORIA URXENTE do Comité de Seguridade e Saúde Laboral para tratar a vía de contaxiosidade aérea por aerosoles nas oficinas de xustiza e establecer un protocolo para asegurar unha ventilación e medición da calidade do aire nos interiores, tanto para oficinas con ventilación natural como para oficinas con ventilación mecánica.
Reiteramos a dotación de mascarillas FFP2 para o persoal do SCNE, persoal das Vilas que saen a notificar, xulgados de paz, rexistro civil, decanatos e oficinas de rexistro e reparto, Imelgas, persoal de atención a vítima e ao cidadán, e persoal de auxilio que faga sala ou se movan por todos os edificios, así como para as persoas vulnerables por ter patoloxías que poden agravar a contracción da enfermidade da COVID. Para o resto de persoal solicitamos dúas mascarillas quirúrxicas ao día polas razón expostas a seguir.
A comunidade científica mundial unida á comunidade de enxeñería industrial recoñecen de forma abrumadora como PRINCIPAL vía de contaxio os aerosoles emitidos dentro das oficinas ao falar ou berrar, estornudar, toser etc…
Ao estar dentro das oficinas xudiciais emitimos aerosoles que quedan suspendidos no aire durante horas e que favorecen o contaxio entre as persoas que comparten oficina. Esta posibilidade de contaxio, pódese reducir con facilidade cunha axeitada ventilación, ben sexa natural ou artificial. Se podemos medir a calidade da ventilación nun espazo, podemos mellorala. E para mellorala hai que establecer protocolos eficientes de ventilación.
Segue sendo prioritario dotar de máscaras de protección alta (FFP2) ás persoas que realizan funcións fóra da sede xudicial – SCNE, persoal das Vilas e auxilios con práctica de dilixencias fóra de sede xudicial- (deben aproximarse ás persoas que están nos seus domicilios e que saen moitas veces sen ningunha protección, polo que resulta insuficiente a máscara quirúrxica para evitar o contaxio). Do mesmo xeito, as persoas de continua atención ao público (xulgados de garda, atención á vítima e ao cidadán, rexistro civil, Decanatos, Imelgas e Xulgados de Paz) están expostas de xeito continuado á presencia de persoas que, se ben é obrigatorio que leven máscaras de protección, moitas veces lévana mal posta, sucia e inservible, ou de tela (que están prohibidas nos propios centros sanitarios galegos para acceder a eles) polo que o resultado é igual que se non a levaran, co conseguinte risco que iso implica.
Asemesmo, hai un colectivo importante de persoal que ten patoloxías previas que agravan a enfermidade da COVID. Estas persoas xa teñen recoñecida a súa vulnerabilidade nos informes emitidos polo servizo de prevención de riscos, nos que a súa protección debe ser mais alta (incluso está reflectida en varios informes emitidos por este servizo) e, polo tanto, tamén se debe dotar de máscaras FFP2.
De nada sirve que teñamos acceso ás máscaras quirúxicas se só o temos por un pouco mais da metade do tempo traballado. E decir, estas máscaras teñen validez para 4 horas, o horario é de 7 horas, polo tanto, hai 3 horas nos que a máscara está baixando a súa capacidade de filtración favorecendo o contaxio entre o persoal.
Preme aquí para ver o xustificante de presentación
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras