jueves, 10 de julio de 2025

Cobramento do 0,5%: persoal que estivera destinado en Catalunya

O persoal que estivera en Catalunya dende o 1 de xaneiro de 2024 pero que agora estea en Galicia ou noutra comunidade autónoma, cobrará os atrasos do ano 2025 e se lle actualizarán as cantidades na nómina de setembro e cobrarán na nómina de outubro os atrasos correspondentes ao ano 2024.

Este persoal non debe reclamar o pago, porque se vai facer de oficio, de non ser que cambiasen de conta corrente, caso no que o deberán comunicar a nóminas no correo electrónico dgrajnomina.dj@gencat.cat

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras