Hoxe publícase no BOE a convocatoria polo procedemento de Libre Designación para o seguinte posto de traballo:
O posto de traballo que se convoca pode ser solicitado por funcionario de carreira pertencente ao corpo de tramitación procesual e administrativa, calquera que sexa a súa situación administrativa, agás que se atope nalgunha das situacións previstas no punto 2, sempre que reúna as condicións xerais esixidas e os requisitos determinados na presente convocatoria na data en que finalice o prazo de presentación de solicitudes e mantéñanse ata a súa resolución.
Prazo de presentación de instancias: CINCO días hábiles dende a publicación no BOE
As persoas interesadas deberán presentar as súas solicitudes segundo o anexo II, nas cales farán constar os seus datos privados, o posto de traballo actual e o posto ao que aspiran.
As solicitudes irán dirixidas á Dirección Xeral de Xustiza, da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, e presentaranse por vía electrónica na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) empregando o procedemento xenérico PR004A e achegando o anexo II coa solicitude.
Coa solicitude deberá achegarse un currículo e a documentación acreditativa dos méritos alegados para o posto solicitado.
Igualmente, achegarase á instancia unha memoria asinada na que, nunha extensión non superior aos cinco (5) folios, o/a candidato/a realizará unha análise das tarefas do posto solicitado e das condicións e medios necesarios para o seu desempeño, desempeño, facendo constar así mesmo propostas de mellora no desenvolvemento das funcións e todas aqueloutras cuestións que o/a aspirante considere de interese ou importancia, con base á descrición das funcións do posto.
A Dirección Xeral de Xustiza ou o/a secretario/a de Gobierno poderán realizar unha entrevista privado ás persoas interesadas.
Accede aquí á convocatoria no DOG
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras